Nota de prensa
O CENTRAD convoca para o luns a entrevista persoal que deben superar os aspirantes ás becas de artesanía e deseño
– O resultado desta proba é un dos criterios que se terán en conta á hora de valorar ós demandantes das bolsas de estudo, xunto ó nivel curricular e o proxecto de actuación proposto
– Os beneficiarios daranse a coñecer a primeiros de maio a través do taboleiro de anuncios do INLUDES e da páxina web www.deputacionlugo.org
– A Deputación concederá 5 becas, dotadas cada unha con 12.000 euros e cun ano de duración. O obxectivo é apoiar un sector cun potencial importante para xerar emprego e riqueza na provincia
O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación convocou para este luns, día 18, as entrevistas persoais que deberán superar os 15 aspirantes ás primeiras bolsas de estudo de artesanía e deseño de Lugo, que concede o organismo provincial. As probas celebraranse a partir das 16:00 horas no Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), situado no número 140 da Ronda da Muralla.
O resultado desta proba é un dos tres criterios que se terán en conta á hora de valorar ós demandantes das becas. Deste xeito, a entrevista persoal poderá puntuar hasta 40 puntos sobre 100; o nivel curricular do peticionario, ata 40 puntos, e o proxecto de actuación para o que se solicita a axuda, ata un máximo de 30. A Deputación espera dar a coñecer a lista de beneficiarios a principios do mes de maio. Os resultados do proceso de selección expoñeranse no taboleiro de anuncios do INLUDES e na páxina web www.deputacionlugo.org
Este primeiro Programa de Bolsas de Estudos para o Desenvolvemento e o Deseño da provincia inclúe 5 axudas, dotadas cada unha delas con 12.000 euros e cunha duración dun ano. A iniciativa, cuxo orzamento total ascende a 60.000 euros, busca dar apoio para conservar e potenciar o deseño e a artesanía, un sector económico moitas veces esquecido polas administracións e cun potencial importante para a xeración de emprego e riqueza en Lugo.
As bolsas convocadas polo CENTRAD están destinadas a:
1. Aumentar as vendas dos artesáns lugueses. A base de datos co catálogo de artesáns da Consellería de Industria non está actualizada. É imprescindible facer un estudo de campo para actualizar o rexistro de artesáns, así como dos produtos que poden ofrecer ó consumidor, requisitos imprescindibles para aumentar as vendas. Os bolseiros poden ser investigadores, historiadores, documentalistas, artesáns…
2. Axudar ás familias cos custes de formación. A formación en Artes non é habitual nos programas educativos, excepto nalgún caso de cerámica. Isto esixe un enorme esforzo económico ás familias cando un dos seus fillos necesita continuar cos seus estudios ou especializarse, xa que o máis habitual é ter que facelo fóra de Galicia.
3. Facer rendible o traballo en equipo de deseñadores de moda ou complementos e artesáns. Esta unión ten na actualidade excelentes resultados que Deputación e Concello queren ampliar en Lugo. A fusión é unha nova vía de negocio que ten moitas posibilidades como nicho de emprego.
4. Innovar os produtos artesanais. Moitos artesáns lugueses traballan dun modo tradicional e descoñecen como aproveitar as tecnoloxías. Mellorar os procedementos de traballo, desde a creación do produto ata a posta a venda, é o obxectivo desta bolsa aberta tamén a perfís como deseñadores industriais, artesáns, investigadores, informáticos, etc.
5. Potenciar a fábrica de Sargadelos. A Deputación amosou de moitas formas o seu apoio incondicional á fábrica de Sargadelos, en Cervo, unha firma de deseño e creación de porcelana con máis de dous séculos de historia vencellados á cultura galega en tódolos eidos da creatividade. A fábrica recibiu con gran interese esta nova oferta da institución provincial para que deseñadores ou artesáns poidan ter no centro unha bolsa de estudos no sector da cerámica.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



