Nota de prensa
O PP afirma que “a palabrería e o engano están no bando do bipartito”.
Fernández Valle asegura que as axudas dos corenta euros e as axudas para as asociacións son enganos do bipartito.
Afirma que Torrentes tiña que estar rematado hai tres anos.
Burela, 14 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que o bipartito tén síntomas de estar mui nervioso, porque se xa comenzan a decir o que dicen, mal deben ver as cousas.
Así o manifestou o concelleiro popular e número dous da lista do PP Manuel Fernández Valle, quen foi máis aló: “xa lles gustaría ós do bipartito ter a actividade frenética que temos nós, porque eso significaría que en Burela se terían feitas moitas máis cousas, e os veciños ben ven o que se fixo, ou sexa, nada, porque a actividade do bipartito é estar sempre en punto morto, nin para adiante nin para atrais, ese é o seu estado natural de actividade”.
Fernández Valle indicou que “os veciños xulgarán o 22 de maio o que fixo o bipartito e tamén o que queremos facer para os vindeiros catro anos. De momento, xa sabemos o que fixo o bipartito: eliminar as axudas para as asociacións e colectivos; eliminar as axudas dos corenta euros, que por certo só duraron dous anos; eliminar as axudas directas ós colexios e ás asociacións de país e nais; non dar nin un só paso para facer o parque empresarial da Puida nin o do Perdouro, cando había un compromiso de seis millóns de euros coa Deputación a finais de 2006 e que consta na documentación dos presuspostos da Deputación do presente ano; e non ser capaces a rematar Torrentes, que tiña que estar acabada hai tres anos, porque foi unha obra que adxudicou o PP hai agora catro anos e que tiña un ano de prazo de execución”.
Todo o que dixeron sobre esas cuestións eso sí que é palabrería e engano, que están no bando do bipartito, porque dixeron unha cousa e fixeron xustamente a contraria, como o demostra o xa tristemente célebre asunto dos corenta euros: duraron dous anos e ainda non se nos explicou por que se retiraran, afirmou Manuel Fernández Valle. O bipartito debería agora explicar todas estas cuestións, e pedirlles perdón ós cidadáns polos enganos e incumplimentos destes catro anos.
“E, segundo Fernández Valle, tamén sabemos que o que fixo o bipartito foi malgastar os cartos de todos en carteles a todo color, en calendarios, e en parrandadas, e aceptar que Zapatero subira a luz, que subira o IVA, que aumentara o paro, e que se conxelaran as pensións”.
O candidato popular asegurou que “por suposto que o bipartito non nos vai facer calar a boca, nin moito menos, e seguiremos facendo a nosa campaña falando exclusivamente do que lle interesa ós veciños, do que non fixeron unhos e do que faceremos desde o PP, porque xa se ve que eles non teñen programa, dado que se adican a criticar o que nós decimos”




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



