Nota de prensa
O PP, satisfeito porque a Xunta cede un vehículo á Confraría de Pescadores de Burela.
O vehículo será destinado a fins sociais da propia entidade.
Burela, 6 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela amosou hoxe a súa satisfacción pola cesión en propiedade dun vehículo por parte da Consellería do Mar, á Confraría de Pescadores de Burela.
Este vehículo, que se destinará, segundo consta no Diario Oficial de Galicia de hoxe, a fins de utilidade pública e interese social, era unha aspiración da Confraría, que queda así cumplida.
Os populares lembran que a colaboración da Xunta coa Confraría non se circunscribe unicamente ás cuestións meramente profesionais, senón que tamén se actúa na recuperación dos arquivos da entidade burelense ou na posta en marcha da biblioteca do mar, proxecto que está levando a cabo a propia Confraría.