NOTA DE PRENSA
O noso xeito de traballar por Ribadeo
O Partido Popular de Ribadeo presentará ás veciñas e veciños do concello, o vindeiro luns 18 de abril, as propostas que incluirá o noso PROGRAMA ELECTORAL no apartado de DEPORTES e dentro dese documento REALISTA e para desenvolver nos vindeiros CATRO ANOS.
Sin dúbida que un dos proxectos máis salientables neste apartado será a REXENERACIÓN INTEGRAL DO TERREO DE XOGO DO ESTADIO MUNICIPAL “PEPE BARRERA” e a MELLORA DAS INSTALACIÓNS (GRADAS, VESTIARIOS, ILUMINACIÓN…) deste recinto deportivo.
Esta proposta foi un dos temas que lle presentamos a José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, nunha reunión mantida en Santiago o pasado martes 5 de abril; fixémoslles ver as necesidades reais que ten Ribadeo en materia deportiva e amosounos o seu respaldo ós prantexamentos que articularán o que pretendemos que sexa a nosa política no eido do deporte no período 2011-2015.
Esta proposta foi producto das demandas recollidas no seu momento nas diversas reunións mantidas co actual Presidente do Ribadeo F.C., Sr. Pulpeiro Doval, e membros do equipo técnico e con directivos doutras entidades deportivas que utilizan este recinto municipal.
Queremos que sirva, cara ás/ós veciñas/os, como aval das nosas propostas electorais a experiencia de 8 anos de goberno nos que conseguimos dotar a Ribadeo dun novo PAVILLÓN POLIDEPORTIVO, de PISTAS DEPORTIVAS nas Parroquias, iniciamos as ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, xestionamos melloras no PORTO DEPORTIVO e colaboramos activamente coas moitas ENTIDADADES DEPORTIVAS e CENTROS EDUCATIVOS que teñen ó deporte como parte fundamental do seu prantexamento de traballo.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



