Nota de prensa:
Balseiro está seguro de que Ginzo e o seu equipo revalidará a confianza dos veciños de Trabada
Trabada, a 19 de abril de 2011.- O secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro respaldou a presentación da candidatura coa que o PP concurrirá ás vindeiras eleccións municipais en Trabada e que encabeza o actual alcalde José Manuel Yanes Ginzo.
No transcurso da cea presentación, Balseiro amosouse convencido de que este equipo “está chamado a revalidar a confianza da maioría dos veciños de Trabada” e non dubidou en que “traballarán duro” para, “en sintonía e co respaldo da Xunta e da Deputación”, consolidar os avances experimentados neste municipio da man do Partido Popular e do seu alcalde Yanes Ginzo.
O número dous dos populares lucenses tamén valorou “como moi positivo” a importante renovación levada a cabo na candidatura, destacando a incorporación como número dous de Juan Francisco López Prieto, secretario xeral de NNXX de Galicia e membro nato da recién elexida executiva nacional. “A incorporación de xente nova, de tanta valía, asegura a continuidade e constata a fortaleza do PP de Trabada”, concluiu.
Candidatura
1.- José Manuel Yanes Ginzo
2.- Juan Francisco López Prieto
3.- Manuel Gallo García
4.- Manuel Varela Fernández
5.- Lucía Fernández Fernández
6.- Martín Fernández Fernández
7.- Juana María Rodríguez Maseda
8.- Francisco Rodríguez Gasalla,
9.- Beatriz García Santamarina
Suplentes
Gregorio Rodríguez Gasalla
José María Rodil López
Pedro Ramón Yanes Fernández



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



