Nota de prensa:
OS ATLETAS DO C.D. EGOVARROS-VIVEIRO REALIZARON UN BO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VETERÁNS
DE 10 KM EN RUTA
O pasado sábado celebrouse na comarca cántabra de Camargo, o campionato de España de 10 km en ruta de veteráns, no que o clube vivariense desplazou parte dos seus atletas, realizando unha proba máis que destacable sobresaindo na categoría feminina Manuela Guisasola en W-50 que foi sexta de España cun tempo de 47 min. 21 s.
No apartado masculino Eliseo López na categoría de M-60 ocupou a décima posición cun tempo de 45 min. 47 s., o seu compañeiro Jesús Bernal na mesma categoría foi décimo cuarto, cun tempo de 47 min. 16 s., na categoría de M-55 Emilio Toral ocupou a décimo segunda posición cun tempo de 44 min. 19 s, na categoría de M-35 categoría semi-profesional na que participan todos os atletas que cumpriron os 35 anos, o atleta do clube vivariense Jose Angel López ó final ocupou a decimo séptima posición cun extraordinario tempo de 34 min. 40 s.
Outra integrante do C.D.EGOVARROS-VIVEIRO, Francisca Romasanta sufriu unha lesión no km 6 da carreira que a obrigou a abandoar a proba.