Nota de orensa
Nota de prensa

Sábado, 16 de Abril de 2011
Ás 21:00 horas, na Igrexa de Santa Cruz.
Escenificación de pasaxes da Historia de Xesús;
Lavatorio de pés, a Última Cena, Paixón e
Resurrección do Señor.
Domingo, 17 de Abril de 2011
MISAS
10:00 Bendición de Ramos e Santa Misa en Alaxe.
11:00 Santa Misa e Bendición de Ramos en Santa Cruz.
12:00 Bendición de Ramos na Praza de Santa María
de Ferreira e a continuación Santa Misa na Igrexa
Parroquial.
18:00 Bendición de Ramos e Santa Misa en Vilacampa
En FOZ;
20:00. Escenificación polos xoves de Alfoz e O Valadouro
de diversos pasaxes da historia de Xesús: Lavatorio de
pés,a Última Cena, Paixón e Resurrección do Señor.
Representación que terá lugar no salón de actos do
colexio Martínez Otero de Foz.
16:00 Bendición de Ramos e Santa Misa en Recaré.
17:00 Bendición de Ramos e Santa Misa en
Santo Tomé.
Luns, 18 de Abril de 2011
MISAS
11:00 Visita de enfermos e administración da comunión.
20:00 Santa Misa na igrexa parroquial de Santa María
de Ferreira, por Carmen Méndez e esposo.
Martes, 19 de Abril de 2011
MISA
20:00 Santa Misa enSanta María de Ferreira.
Escenificación de Santa Cruz no ano 2009
Mercores, 20de Abril de 2011
MISA
20:00 Via Crucis vivinte na subida a Santo Tomé
escenificado por xoves de Alfoz e O Valadouro
Xoves, 21 de Abril de 2011
MISAS
16:00 Vilacampa.
16:00 Santo Tomé.
17:00 Recaré.
17:00 Alaxe.
18:00 Santa Cruz.
19:30 Santa María de Ferreira.
21:00 Hora Santa na igrexa de Ferreira.
Venres, 22 de Abril de 2011
MISAS
11:00 Via Crucis en Vilacampa.
12:00 Via Crucis en Ferreira.
16:00 Oficios en Santo Tomé.
16:00 Oficios en Recaré.
17:00 Na Igrexa de San Xoán de Alaxe:
Oficios e procesión da Dolorosa.
18:30 Na igrexa de Santa Cruz:
Oficios con Via Crucis franciscano arredor
do coto.
21:00 Na Igrexa de Santa María de Ferreira:
Oficios e procesión do “Cristo Xacente e
Virxe das Dores” polas rúas Rosalía de
Castro, Avenida da Veiga, Xistral e Andrés López
Palmeiro.
Sabado, 23 de Abril de 2011
MISAS
12:00 Na Igrexa de Ferreira: Oración Mariana para
acompañar á Virxe na súa Soedade.
21:00 Gran Vixilia Pascual, na Igrexa de Ferreira,
á que acudirán as parroquias de Santa María de
Ferreira, Alaxe, Santa María de Vilacampa, Santa
Cruz, Recaré e Santo Tomé para participar na
gloriosa liturxia deste día.
Bendición do Lume, Procesión co Cirio Pascual
de cada unha das parroquias e Celebración da
Misa de Gloria coa Bendición da Auga.
E para finalizar a xornada, un fraternal Ágape
Pascual.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



