Nota de prensa
Cantamos victoria ou agardamos a facelo en Remourelle? Isto é o que deberon pensar os componentes de “Os Outros” cando o sábado 16 en Lugo consolidáronse no primeiro posto e puxeron terra por medio con respecto aos “Billardeiros Musicais”, únicos rivais que os podían inquietar. Agora e dende a sólida distancia de sete puntos, son xa virtualmente CAMPIONS da tempada 2010/2011, nembargantes e para non ser desconsiderdos, agardamos a finalizar a tempada para os felicitar.
A 8ª xornada da Conferencia Norleste da LNB celebrouse na pista de céspede sintético da Piringalla, en Lugo. Os Madia Leva tiñan preparada unha novedosa superficie que resultou toda unha experiencia positiva. Por primeira vez as billardas facían acto de presencia na herba artificial e os palanadores adaptáronse a perfección, de feito foi a segunda xornada na que mais VARADOS se conseguiron, fixéronse en total 12 (o récord está na xornada 6ª no pavillon de Meira con 16 varados), si ben so contabilizan 11 xa que o derradeiro non puntúa como tal, pero serviulle a Guille para desfacer o empate na final con Eric e proclamarse campión do Aberto.
Para xogar a final chegaron: Guille (primeiro de grupo, deixou fora a Luis e a Hugo), o seu compañeiro de equipo Eric (segundo no seu grupo, eliminou a Daniel e a Markytos/Xan Rodiño) e con un Marcos dos Remourelle Bulls que non tiña moi clara a clasificación individual para Conxo pero cos puntos de hoxe consigue meterse na pomada (primeiro de grupo, chimpou fora a Regueiro e a Elena).
Comenzou dominando Eric, pero Guille soupo remontar na segunda carreira donde Marcos quedou rezagado. Chegouse a terceira carreira ca posibilidade de un triple empate, pero non, Marcos non puntuou e rematou a carreira con empate a 4 entre os dous mellores da tarde. Unha única carreira de desempate serviu para que Guille contestara a un bo primeiro golpe de Eric con un varado que o levou o triunfo final.
Parabéns a Madia Leva pola organización e polo acerto na elección da pista de xogo. Tamén mención especial para M de Meira pola implicación na búsqueda e fabricación de novo material deportivo, palans e billardas de deseño, magoa que desta volta non lles serviu de moito e quedaron as portas das eliminatorias directas.
A boa afluencia de xiareiros e un xogo dinámico neste ata agora descoñecido terreo xuntáronse para nos regalar una excelente tarde billardeira que todos agardamos repetir en breve.
Si “Os Outros” son virtuais campións por equipos, o título de campión individual e de varados están no aire. Guille ca victoria de hoxe acada o primeiro posto na clasificación con dous puntos sobre Xan Rodiño e cinco sobre Daniel. Estos tres son os únicos que poden optar o liderato. En canto a varados sigue comandando Daniel con 10, pero tanto Guille que leva 8, como Eric, Markytos ou Xan Rodiño con 7, poden dar a campanada en Remourelle e birlarlle o posto. Os cinco están xa clasificados para as finais de Conxo posto que os seguintes están con 4 e 3 varados e resulta ilóxico pensar que poideran remontar.
Agardamos pois a Remourelle donde como cada ano faremos a comida de fin de tempada, disputaremos a 9º e derradeira xornada e finalmente faremos a entrega de premios aos gañadores.

























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
