O pasado día 22, falaron os votos en Xove, e ante isto solo se pode dicir,
falou a democracia.
O resultado xa e coñecido, maioría rotunda do PP., solo queda felicitar a Demetrio e o seu equipo, superpón chegar os cidadáns e a cambio reciben 8 actas de concelleiros/as, o que supón una maioría rotunda.
Con respecto a miña opinión do P.P., hai que dicir que chegaron, convenceron e venceron, esa e a realidade, agora toca gobernar, eu so lles pido traballo, humildade e transparencia, que esta maioría non se mal interprete e se conviría en prepotencia, arrogancia e modais propios de outros tempos, eu espero una forma de facer política propia de un partido conservador Europeo, con una sola mirada, que Xove teña una desenrolo axeitado os tempos e o presuposto que manexa.
En canto os partidos da oposición, lembrarlles que estamos no mesmo sitio que fai 30 anos, algo se fai e se fixo mal, tanto BNG. Como PSdG.PSOE, deberían de facer una seria e profunda reflexión, ver o por que non hai avance , e evidente que Xove e un pobo conservador despois de moitos anos con una sola forma de entender a política, pero os tempos e os cambios xeracionais deberían de ir homologándonos a concellos veciños, pero a realidade e que e 8-2-1 dende os anos 80, as parcelas son estancas.
Os resultados así o reflexan, no ano 2003, o PSOE 396 votos, BNG 435, ano 2011, PSOE 233, BNG 599, o que baixa o PSOE+1 voto e xusto o que sube o BNG, e dicir que o P.P. solo perdeu 1 voto.
O por que sucede esto, e moi difícil de analizar, pero hai cuestión simples e evidentes, a acción política hai que facela durante os catro anos que dura a lexislatura, sen presas sen insultos pero sen pausa, para que un concello funcione xa non ben, sinón normal, e moi importante que o Goberno Goberne, que a oposición faiga una labor de control acompañado de propostas,e tamen e moi importante que nos trasladen unos e outros a información de cómo se goberna, xa sabemos que o que goberna non lle gusta que o controlen, pero e misión da oposición facer esa labor, saber como se xestionan os nos cartos, como se fan as contratacións tanto de persoal, como de obras como de gastos correntes e subvencións, como se comportan os que nos dirixen e a sua coherencia do que dicen e do que fan, son datos e
información que debe chegar os cidadáns, e todo ese traballo feito en catro anos, e o que pode e debe decidir a inclinación de votantes.
Fernando López Pedre




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



