Nota de prensa:
A Fundación TIC presenta mañá os videoclip das bandas de rock ribadenses “Sun Face” e “Eskala Drinker”
– Bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son, a única da provincia, realizou a gravación e montaxe destes dous traballos audiovisuais, apoiando así a estes grupos de Ribadeo para dar a coñecer a súa música
– O acceso ó acto de presentación, que terá lugar no cine teatro, ás 18:00 horas, é libre e gratuíto
– A Escola de Imaxe prepara tamén un documental sobre o proceso de gravación dun CD profesional de música que está facendo a coral do Conservatorio de Música de Viveiro
A Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, presentará mañá xoves, ás 18:00 horas, no cine teatro de Ribadeo, dous videoclips das bandas de rock “Sun Face” e “Escala Drinker”, da localidade mariñana. Bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son, o único centro das súas características na provincia, gravaron e montaron os clips, cos que a entidade axuda a estes dous grupos de recente creación e formados por mozos da zona a dar a coñecer a súa música, a custe cero para eles. O acceso ó acto de presentación é libre e gratuíto, polo que poderán asistir todas aquelas persoas que estean interesadas.
O vídeo musical de “Sun Face” titúlase “New Conclusions” e a súa rodaxe tivo dous escenarios: as rúas de Lugo, onde se aproveitaron diversas localizacións, como as inmediacións do restaurante Terras do Miño e as instalacións da perruquería Aluma.
Con respecto á “Eskala Drinker”, o clip titúlase “La Búsqueda” e tivo tres escenarios: o edificio do antigo hospital de Castro de Rei, as instalacións da propia Escola de Imaxe e Son e o parque Rosalía de Castro de Lugo.
Por outra banda, a Fundación TIC, a través da Escola de Imaxe, prepara un documental sobre o proceso de gravación dun CD de música profesional que están levando a cabo 37 integrantes da coral do Conservatorio de Música de Viveiro no estudo Miño Media, no polígono do Corgo, froito das xestións do alcalde, Melchor Roel, para que tivesen esta oportunidade sen custe algún para a agrupación.
A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audiovisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo, entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela”, da eurovisiva Lucía Pérez.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



