![]()
Nota de prensa
A etapa Port Bourgenay (Francia)-Ribadeo, da regata internacional Transgascogne recala por
A estación náutica de Ribadeo acollerá unha etapa da regata internacional Transgascogne
Esta iniciativa, que conta co apoio de Turgalicia, foi presentada hoxe pola secretaria xeral para o Turismo, que salientou a importancia desta iniciativa para a promoción turística da Mariña Lucense
Volver
Ribadeo (Lugo), 23 de maio de 2011.- A Secretaría Xeral para o Turismo, da Consellería de Cultura e Turismo, Carmen Pardo, presentou hoxe en Ribadeo (Lugo) a etapa Port Bourgenay (Francia)-Ribadeo, da regata internacional Transgascogne, que por primeira vez na súa historia pasará por un porto galego. Ao acto de presentación asistiron asemade o xefe provincial de Cultura e Turismo en Lugo, José Carlos Rodríguez Andina, e o presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto.
Trátase da 13ª edición dunha proba náutica a vela que naceu en 1988 para barcos dun ou dous tripulantes. Este ano a regata parte de Port Bourgenay, na cidade francesa de Telmont Saint-Hilare, no Golfo de Biscaia. Desde aquí, achegarase a Ribadeo, para, desde a vila luguesa, rematar outra vez en Port Bourgenay.
A regata, que se desenvolverá entre os días 24 de xullo e 3 de agosto, ten un percorrido de 650 millas. Do 27 ao 30 de xullo os barcos participantes permanecerán no porto de Ribadeo.
Retorno inmediato
Na súa intervención, Carmen Pardo manifestou que esta acción de promoción vai ter unha repercusión moi positiva para a Mariña lucense e “un retorno inmediato” para o seu sector turístico e o seu comercio en xeral. Segundo Pardo, ademais, desde o punto de vista da promoción nos medios de comunicación, a comarca verase moi beneficiada.
Para a secretaria xeral para o Turismo, o compromiso da Consellería de Cultura e Turismo coa Mariña Lucense no eido turístico non se limita só a esta acción, senón que, entre outras accións, tamén se referiu ao Plan de Competitividade Turística, incluído no Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010-2013, que se iniciará este mesmo ano.
Carmen Pardo enmarcou o apoio da Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, ao desenvolvemento da regata Transgascogne dentro de programa de patrocinio de grandes eventos deportivos, un por provincia, para a promoción turística global da Comunidade galega. Así, na Coruña este ano, apoiarase o desenvolvemento do evento Pantin Classic, de surf; en Ourense, a Volta Ciclista a España; en Pontevedra, Rolex Fie World Cup, de hípica.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
