Nota de prensa
NO BNG APOSTAMOS POLOS SERVIZOS SOCIAIS E COMPROMETÉMONOS A XESTIONAR A CONSTRUCIÓN DUNHA NOVA ESCOLA INFANTIL
Porque o noso labor no goberno municipal tivo e terá como obxectivo primordial o benestar social, dende o BNG nestes catro anos, ampliamos e melloramos os nosos servizos sociais municipais cunha serie de medidas moi concretas:
integramos a nosa escola infantil na Rede Galega para mellorar os seus servizos e os seus recursos: máis persoal, mellores servizos e menos custo para as familias usuarias e arranxo da cuberta do edificio principal
estendemos ao máximo o servizo de axuda no fogar: de sete persoas hai catro anos, agora hai dez auxiliares atendendo este servizo
implantamos o servizo de “Xantar na Casa” para os nosos maiores e promovemos talleres de memoria, envellecemento saudable, ximnasia preventiva e fisioterapia
creamos unha Aula da Familia na Casa da Cultura con cursos de preparación ao parto, con talleres de masaxes para bebés, con melloras materiais en Preescolar na Casa e posibilitando un punto de encontro de lactancia materna
promovemos programas de educación familiar para axudar a previr confitos no seo da familia
posibilitamos a conciliación da vida laboral e familiar con actividades educativas e de lecer durante o curso e nos períodos vacacionais
suprimimos as barreiras arquitectónicas nas nosas instalacións culturais
desenvolvemos dende o Centro de Información á Muller cursos, actividades de lecer e de formación para as mulleres de Burela e coordinamos un protocolo de actuación en casos de violencia de xénero (con especial atención neste campo á sensibilización da mocidade)
E para os vindeiros catro anos traballaremos nun plan municipal de integración, continuaremos coa mellora dos servizos sociais para os nosos maiores, revisaremos a política fiscal municipal para o apoio ás familias e aos colectivos máis específicos, xestionaremos a posta en marcha do Centro de Día para persoas discapacitadas psíquicas, impulsaremos programas municipais de voluntariado, intermediación social e inserción laboral para persoas discapacitadas e xestionaremos a creación dunha nova escola infantil municipal
Por certo, é curioso que agora o PP de Burela e a súa organización xuvenil de Novas Xeracións se acorde estes días da mocidade de Burela reclamando medidas e actuacións para este colectivo cando o pasado sábado día 7 houbo en Burela un debate sobre mocidade e igualdade (incluída a problemática de violencia de xénero que comeza a ser preocupante entre a xente nova), no que participaba a coordinadora de igualdade de Novas Xeracións de Galiza, e ninguén do PP nin das Novas Xeracións de Burela estivo presente. Esa é a importancia que lle dá o PP e as súas Novas Xeracións á mocidade e á igualdade. Debía de ser máis importante estar acompañando ese día ao conselleiro da Presidencia que estaba en Burela.



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



