NOTA DE PRENSA
De revalidar a súa maioría absoluta a candidatura que encabeza Alfonso Villares promoverá infraestruturas e servizos que xerarán novas oportunidades laborais para os cervenses
O PROGRAMA DE GOBERNO DO PP DE CERVO SUPÓN UNHA APOSTA DECIDIDA POLA CREACIÓN DE EMPREGO
As novas infraestruturas sociais (apertura da residencia con centro de día, e o apoio á asociación impulsora do centro de discapacidade intelectual), os polígonos industrial entorno a Alcoa e comercial na zona do Castelo, as aulas verdes e novas rutas de interese turístico e o porto deportivo xerarán novos postos de traballo
Os populares de acadar a Deputación desbloquearán a ampliación do Museo do Mar paralizada polo bipartito, contemplarán a rede de infraestruturas básicas do rural e potenciarán as axudas en apoio da formación dos cervenses de mañá.
Cervo, 19 de maio de 2011.- O programa de goberno do Partido Popular de Cervo baséase nunha aposta decidida pola creación de emprego, por iso de revalidar a súa maioría absoluta a candidatura que encabeza Alfonso Villares promoverá infraestruturas e servizos que xerarán novas oportunidades laborais, algo especialmente necesario como consecuencia da crise social e económica que provocaron en todo o país as erradas políticas dos gobernos socialistas e bipartitos.
Os populares salientan as oportunidades profesionais que para os veciños de Cervo suporán a apertura das novas infraestruturas sociais proxectadas no municipio: a residencia con centro de día –promovida polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia- e a residencia e centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual –respecto da que cómpre salientar o apoio das administracións populares á asociación impulsora-. O compromiso do PP é traballar para que ambas poidan entrar en servizo ao longo da próxima lexislatura.
POLÍGONOS INDUSTRIAIS E COMERCIAL
Os populares fixeron posible tamén nos pasados anos a recuperación do proxecto de creación do cinto industrial no contorno da multinacional do aluminio ALCOA, despois de que o Goberno bipartito da Xunta eliminara esta grande área empresarial da súa planificación estratéxica. O PP de Cervo comprométese agora a apostar polo seu desenvolvemento real e deste xeito, a impulsar a chegada de novas empresas e novas oportunidades laborais enmarcadas neste cinto empresarial. Un obxectivo que perseguen coa creación do novo polígono comercial que os populares contemplan situar na zona do Castelo, no punto de enlace dos treitos autonómicos e estatal do futuro corredor da costa, espazo de paso obrigado dos vehículos que por alí circulen.
MEDIO AMBIENTE E TURISMO
O Goberno municipal de Alfonso Villares, de revalidar o apoio dos cervenses, tamén aposta pola riqueza medioambiental como ámbito a protexer e como espazo de indudable atracción turística. A variada oferta promocional de Cervo reforzarase coa creación das aulas verdes que o PP promoverá nos próximos catro anos. Os visitantes tamén poderán achegarse para gozar das novas rutas de sendeirismo e dos variados espazos de importancia paisaxística, cultural e histórica dos que xa hoxe dispón o concello e que gañarán en valor. Os alicerces deste proxecto xa están a impulsarse agora, cos plans de reforestación con especies autóctonas dos montes municipais no contorno do conxunto histórico artístico de Sargadelos e co convenio con Alcoa para a potenciación ambiental e turística das marxes do río Cobo. O turismo é tamén un elemento clave para a creación de novas oportunidades laborais. Por iso acadará un notable impulso coa creación do novo porto deportivo de San Ciprián un dos compromisos máis salientables do programa dos populares de Cervo.
Reforzando a aposta social, o programa do PP de Cervo, creará novas axudas para a formación dos cervenses do mañá que se suman as xa existentes para ciclos formativos, universidades e educación infantil: Os estudos musicais e de idiomas contarán tamén con axudas similares. No ámbito do deporte potenciaranse as Escolas Deportivas Municipais un novo servizo de grande éxito, creado xa polo Goberno do PP na presente lexislatura e construirase unha nova pista de padel. No ámbito cultural os populares de Cervo comprométense a desbloquear, de ter a responsabilidade de goberno provincial, a ampliación do Museo do Mar, paralizada por decisión dos actuais responsables do goberno bipartito da deputación.
INFRAESTRUTURAS BÁSICAS NO RURAL
Os populares rematarán o enorme esforzo feito polo Goberno municipal en colaboración con outras administración no ámbito da dotación de infraestruturas básicas no rural, de feito especial, para completar a rede de saneamento e abastecemento que grazas ao notable avance acadado na presente lexislatura xa poderá chegar practicamente ao cen por cen do municipio.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



