Nota de prensa
OS ALUMNOS DE INFANTIL E DE 1º DE PRIMARIA DOS DOUS CENTROS DE ENSINO DE BURELA PARTICIPAN ESTES DÍAS NA SEMANA DA RECICLAXE QUE ORGANIZOU A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE.
Burela, 19 de maio de 2011. Os alumnos de infantil e de 1º de primaria dos dous centros de ensino, Ceip Virxe do Carmen e Ceip Vista Alegre, participan nas actividades organizadas pola Delegacion de Medio Ambiente do Concello que dirixe Lucia Bouza para conmemorar a Semana da Reciclaxe. A edil socialista subliña que “éste e o segundo ano que a actividade se leva a cabo e quero aproveitar para destacar o grande interese suscitado e tamén o agradecemento ao personal docente”.
As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia son as encargadas de realizar os talleres con materiais de refugallo (cartóns, botellas, etc… que os nenos traen das súas casas) intentando descubrir as utilidades dos materiais de refugallo antes de seren considerados como residuos. Os nenos participan na actividade en horario escolar desde as 9:00 da mañá ata as 14:00 horas.
A Semana da Reciclaxe tamén inclúe unha charla sobre Residuos Sólidos Urbanos. Será impartida no Salón de Actos do Concello de Burela hoxe día 19 ás 19:30 e está destinada ao público en xeral. A onde van os residuos e qué se fai con eles, qué é a recollida selectiva son algunhas das preguntas que se abordarán nesta charla impartida polas monitoras do Centro Gaia.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



