Nota de prensa:
Besteiro e Rivera asinan o convenio que garante a continuidade do único centro para maiores de Foz
– A Deputación concede 35.000 euros ó Concello focense para evitar o peche do Asilo Virxe do Carme, o abandono da vila dos seus 33 residentes e a perda de 10 postos de traballo
– Ambas as dúas administracións respostan de xeito conxunto á chamada de alarma da ONG que xestiona o centro para maiores focense logo do abandono por parte da Xunta
– O organismo provincial tramita o proxecto de construción da nova residencia de Foz que paralizou a Xunta malia contar cos terreos necesarios para a súa execución dende 2009
Tres semanas despois de que o Presidente da Deputación -José Ramón Gómez Besteiro- se comprometese a unha axuda extraordinaria para evitar o peche do Asilo Virxe do Carme, respostando á petición do Alcalde do municipio -José María García Rivera-; a Xunta de Goberno deste vernes ratificou esta subvención. Inmediatamente despois, co fin de axilizar os trámites e facer efectiva canto antes dita axuda, Besteiro e Rivera asinaron o convenio que marca que o organismo provincial concede 35.000 euros ó municipio para reducir a débeda do centro focense e garantir a permanencia do seus 33 residentes e 10 traballadores. O texto establece que é necesario manter aberta dita instalación xa que é a única neste Concello mariñano onde o 40% dos seus veciños é maior de 65 anos. Esta subvención engádese ós 5.000 euros para melloras no inmoble do Plan de Comunidades Veciñais.
Deputación e Concello de Foz suman esforzos con “Mensajeros de la Paz” logo de que membros desta ONG encargada da xestión do asilo comunicasen a grave situación na que se atopaba o centro debido ó abandono da Xunta. A Consellería de Benestar Social non concedeu ningunha das 10 prazas concertadas para dependentes solicitadas malia cumprir con todos os requisitos, e ser o único asilo de Foz. Isto supuxo que as achegas do Padroado, xunto ás escasas e nalgúns casos inexistentes pensións dos seus residentes, resultasen insuficientes para mantelo aberto. A maiores, o asilo acumula unha débeda ata xuño de 51.400 euros.
Estes feitos obrigaban ó cese da actividade Virxe do Carme, e polo tanto ó abandono de Foz dos seus residentes, así como a perda dunha decena de postos de emprego no municipio. Na actualidade, este asilo atende a 33 persoas. 8 son menores de 65 anos, 4 non cobran pensión algunha, e 13 reciben as mínimas non contributivas. Isto significa que 25 residentes, é dicir o 75% dos casos, terían dificultades para entrar nunha residencia pública sen axudas económicas ou sen estar considerados dependentes.
“Mensajeros de la Paz” sostenta o asilo mediante unha achega anual de 20.000 euros por parte do Padroado, e a través das pensións que reciben -non en todos os casos- os seus residentes. Na súa maioría, estas oscilan os 200 e 450 euros. Ante os seus escasos recursos, non é a primeira vez que o Concello sae o seu rescate. Á proposta do Rexedor, o municipio focense aprobou nun Pleno Extraordinario en 2009 unha axuda de 30.000 euros. Ademais, como membro do Padroado, o municipio outorga anualmente financiamento. Nos últimos 3 anos, e a partes iguais entre os membros de dito organismo, cedéronse 60.000 euros.
Un centro emblemático
En 1931 veciños de Foz colaboraron na construción do Asilo Virxe do Carme que se inaugurou dous anos máis tarde, en 1933. As obras tiveron un custe de 375.000 pesetas. Esta instalación é exemplo do esforzo dos veciños da zona que, en 1962, logo dunha recolecta de diñeiro, puideron instalar calefacción no edificio. Dende entón, acolleu a máis de 800 persoas. Sempre tivo unha vinculación benéfica. Os seus xestores foron durante 63 anos as “Hermanitas de los Ancianos Desamparados”. En 2001, pasou a mans de monxas de Guatemala. Non foi ata 2003, cando “Mensajeros de la Paz” se fixo coa súa xestión.
Nova residencia
A Deputación está a tramitar a redacción do proxecto de construción dunha residencia da 3º idade de Foz achegando para elo 33.600 euros. O Alcalde acordou co organismo provincial que esta iniciativa fose unha das 8 actuacións que a institución lucense executa no municipio dentro do Plan Complementario de Obra Pública dotado de 1 millón de euros. Trátase dun traballo co que se comprometera a anterior Xunta pero que paralizou a actual malia contar xa cos terreos necesarios para a súa execución dende 2009. Logo de esperar novas do actual Goberno galego sen éxito, e ante a necesidade desta infraestrutura, García Rivera tivo que solicitar, unha vez máis, a colaboración da Deputación.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



