Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ CONVOCA A TODAS AS ADMINISTRACIÓNS A UNHA XUNTANZA PARA FALAR DA PRAIA DAS CATEDRAIS E DEFINIR UN PROXECTO QUE CONCILIE O SEU GOCE POLOS VISITANTES E A SÚA PRESERVACIÓN.
Ribadeo, 30 de maio de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convoca a todas as administracións a unha xuntanza para falar da praia das Catedrais e definir un proxecto que concilie o seu goce polos visitantes e a súa preservación. O encontro está previsto para o 9 de xuño ás 12 da mañá no Concello e a asistir están convidados a Xunta, o Ministerio de Medio Ambiente, a Deputación Provincial e Adeac.
O rexedor explicou que “despois desta desagradable noticia de que a praia das Catedrais perdera a bandeira azul porque Adeac xulgou non conveniente darlla este ano, máis que andar tirando os trastos á cabeza e inculpando a uns e outros penso que isto ten que servir de revulsivo para facer todo canto estea na nosa man para que ano que ven volvamos ter a bandeira azul”. Suárez Barcia considera que “isto debe ser tamén unha demostración de que cando nos empeñamos podemos facer as cousas moito mellor e máis do que viñemos facendo, aínda que é ben certo e é boa verdade os moitos servizos dos que dotamos a esta praia nos últimos catro anos: aparcamentos en precario que conseguimos alugando prados, algo que nunca antes de fixera; reforzamos a seguridade e a vixianza, duplicamos o número de socorristas; puxemos puntos de información turística na época estival, tres persoas explicaron as bondades da praia e do concello e incluso atenderon aos visitantes en varias linguas; editamos folletos informativos en varias linguas con información, por exemplo, sobre as mareas e os perigos do areal; melloramos a limpeza no verán, limpando os aseos en horario de mañá e de tarde… si todo isto non é abondo realmente quere dicir que a capacidade que un Concello pode ter sobre unha praia, aínda que é municipal, excede con muito os servizos e as necesidades de calquera outro areal municipal, dado que é unha praia cun gran reclamo a nivel galego e internacional”.
O alcalde ribadense engadiu que “de aí que queiramos convocar a todas as administracións para ver si todas, a parte de ter unha vontade verbal, nos comprometemos a facer un referente e un mascarón de proa verdadeiro do que debe ser a praia das Catedrais. Convocamos aos responsables da Xunta, do Ministerio de Medio Ambiente, da Deputación de Lugo, xunto cos responsable de Adeac para que o 9 de xuño ás 12 da mañá no Concello de Ribadeo poidamos entre todos poñer o noso grao de area para voltar a ser o ano que ven unha honra para todos os galegos”.
Fernando Suárez subliñou que “aínda que este ano As Catedrais non teña bandeira azul esta praia seguirá a ser un referente, un emblema e poñeremos todo o noso empeño en facelo así neste 201, aínda que non contemos con ese galardón”.
——–
Estimado Sr.
Como vostede probablemente coñecerá, á praia das Catedrais, en Ribadeo, foille
denegado este ano o galardón “Bandeira Azul”, concedido por ADEAC – Fee a aquelas
que se distinguen pola súa xestión ambiental, a calidade das súas augas, o mantemento
das súas infraestruturas, e realización de actividades ambientais e de divulgación dos
valores naturais da contorna, entre outras cuestións.
A perda deste galardón é moi significativa, porque se produce precisamente nun
ano en que desde o Concello de Ribadeo (certamente coa axuda doutras institucións)
esforzámonos máis que nunca na mellora da súa xestión, incrementando a frecuencia da
limpeza, mellorando a recollida dos residuos, incluíndo un servizo de información
turística “in situ” con tres persoas, incrementando o persoal do servizo de salvamento e
socorrismo, etc.
É evidente que todo iso non foi suficiente para alcanzar os estándares que
ADEAC – Fee require, o que sen dúbida se debe a que a afluencia de visitantes,
crecente de ano en ano, desbordou amplamente a capacidade tanto das infraestruturas
existentes (aparcadoiro, aseos, saneamento, accesos, etc.), como do persoal asignado,
limitado ás capacidades financeiras dun concello de 10.000 habitantes.
Consideramos que a resposta adecuada a esta nova decepcioante é aproveitar o
ímpeto do momento para afrontar dunha vez entre todas as administracións implicadas
na xestión da praia das Catedrais e a súa contorna, de forma coordinada e solidaria, os
problemas de sobrepresión e déficit de infraestruturas que veñen acentuando nos
últimos anos, definindo o funcionamento futuro deste espazo singular.
Entendemos para iso necesario celebrar reunións con cada unha desas
administracións, entre elas por suposto a que vostede representa, con vistas a exporlle
polo miúdo a problemática que afecta a este Monumento Natural e ao Lugar de
Importancia Comunitaria que o acolle, e definir conxuntamente un proxecto que
concilie o seu goce polos visitantes e a súa preservación; un proxecto que defina
ademais o sistema máis adecuado para custear o seu mantemento, considerando a
posibilidade de empregar os recursos económicos que o propio espazo é capaz de xerar.
Quero por tanto, convidalo á xuntanza conxunta que celebraremos en Ribadeo,
na Casa Consitorial o vindeiro día 9 de xuño ás 12 horas do mediodía. A esta reunión
estarán convocados o Ministerio de Medio Ambiente, a Xunta de Galicia, a Deputación
Provincial de Lugo, a Asociación ADEAC-FEE, así como representantes do propio
Concello de Ribadeo























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



