Nota de prtensa
DESDE O GOBERNO DE BARREIROS O BNG ACOMETERÁ UN PLAN DE RECUPERACIÓN DA REDE VIARIA LOCAL. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE NUNCA ESTIVERON PEOR AS ESTRADAS DO CONCELLO E CRITICAN QUE ISTO SE PRODUZA CANDO POR PRIMEIRA VEZ HOUBO UN RESPONSABLE DE OBRAS CON ADICACIÓN EXCLUSIVA.
Barreiros, 13 de maio de 2011. O BNG desde o goberno de Barreiros acometerá un plan de recuperación da rede viaria a catro anos. Os compoñentes da candidatura consideran que nunca estiveron peor as estradas do concello e critican que esta situación se produza cando por primeira vez houbo un edil de Obras con adicación exclusiva.
Desde o BNG apuntan que “a situación da rede viaria local en Barreiros preguntémoslle a quen lle preguntemos vai respostar que nos últimos trinta anos nunca peor estivo. Por iso nós desde o goberno municipal de Barreiros imos acometer un plan de recuperación da rede viaria a catro anos vista, que dada a situación na que está incluso serían insuficientes eses catro anos tanto pola complexidade que ten como polos cartos que se precisan para o seu arranxo”.
Aos nacionalistas non lles parece de recibo que “unha semana antes da celebración das eleccións municipais se colla, coma todos os anos, un camión, un pouco de grava e un pouco de alquitrán. A xente de Barreiros é maior de idade e considera isto unha auténtica burla porque qué fixo entón a brigada de obras municipal neses catro anos anteriores, cómo se deixou deteriorar dese xeito a rede viaria”. No BNG din que “non é de recibo tratarnos de pouco intelixentes aos barreirenses facéndonos ver que amañando catro baches se vai solucionar o problema, baches que tapan e que probablemente duren ata o 22 de maio, despois dese día teremos que meter man no asunto en serio”.
Dentro do plan de recuperación da rede viaria o Bloque Nacionalista Galego propón “priorizar onde se vai actuar, porque agora mesmo habería que empezar en calquera punto, pero ao mesmo tempo é imposible iniciar as obras en todos os lugares. Haberá que priorizar e desde o goberno do BNG no Concello falaremos con todas as asociacións e colectivos veciñais porque eles son os que mellor saben cómo está a situación desa rede viaria”. Os nacionalistas engaden que “despois de priorizar haberá que buscar financiamento do xeito que sexa máis factible para despois executar as obras. Nós tomaremos moi en serio a rede viaria local porque nestes anos pasóuse olímpicamente do tema”.
Aos membros do BNG parécelles curioso que “o primeiro mandato no que o Concello de Barreiros conta cun concelleiro de Obras con adicación exclusiva é cando peor están as nosas estradas. Haberá que preguntarlle ao concelleiro de Obras qué fixo durante todos estes anos. Moitos veciños seguro que o saben agora nesta época de eleccións, porque seguro que o verán diante das súas portas pedindo o voto, pero non arreglándolles os problemas. Posiblemente o único que fixo nestes anos foi actuar de axente electoral cada vez que houbo un proceso electoral”.
No Bloque Nacionalista Galego “temos moi claro que unha das necesidades máis grandes do concello é esta e ise será o primeiro problema para solucionar que teña enriba da mesa o BNG desde o despacho da alcaldía”.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



