Nota de prensa:
Iván Marrube denuncia en comisaría os intentos de suplantar a súa identidade nas redes sociais.
Iván Marrube, como candidato a alcaldía quero facer pública os intentos de suplantar a miña indentidade que se están a realizar nas redes sociais coa finalidade de intentar enganar os veciños e desprestixiarme de cara as vindeiras eleccións.
Crearon no facebook un perfil coa miña foto e nome no cal publican mentiras para enganar os veciños.
Hoxe mesmo cursei a correspondente denuncia na comisaria da policia nacional en Viveiro, grazas a cal se conseguirá conseguir saber o ordenador dende o que se está a cometer o delitoe posteriormente a xuizo.
Parece ser que en Alfoz tras 42 anos do pp no goberno hai moita xente nerviosa polos resultados que se poidan dar o vindeiro día 22.
A posibilidade de perder o sillón pon nerviosa a moita xente, neste caso hai persoas que están cometendo delitos para desprestixiarme, parece ser que hai medo do que vai medrar o Bng.