Nota de prensa:
O Goberno provincial dá conta ao Pleno das contas saneadas e equilibradas da Deputación
– Presentado a todos os grupos políticos o informe da liquidación dos Orzamentos de 2010 que demostra que a institución logra por 3º ano consecutivo a estabilidade presupostaria
– A Deputación ten as contas saneadas e equilibradas malia investir en plans de emprego e 14 residencias da 3º idade, saldar ás débedas do canon e os parques de bombeiros, ou amortizar a débeda provincial en 10 millóns de euros
– O Pleno aproba por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da provincia ó anterior Secretario da institución en recoñecemento do traballo levado durante os últimos 28 anos
O Goberno provincial deu conta ó Pleno da situación económica da Deputación sen que ningún representante político fixese ningunha puntuación ó respecto. Na sesión plenaria deste martes, presentouse o último informe de estabilidade presupostaria na liquidación do Orzamento de 2010. Trátase dun documento obrigatorio, que durante semanas estivo á disposición pública de todos os Deputados, e que agora, tal e como establece a Lei, se leva á sesión plenaria. O informe reflexa que, por terceiro ano consecutivo, o organismo provincial cumpre co principio estabilidade ó situarse por debaixo do 5,53% dos ingresos non financeiros que establece a normativa. Isto demostra, que a institución ten unhas contas saneadas e equilibradas.
A estabilidade orzamentaria pretende reducir ou limitar o endebedamento e o déficit público co obxectivo de obter unha política orzamentaria que permita o crecemento estable e a creación de emprego. É por iso que o organismo provincial amortizou 10 millóns de euros minimizando a súa débeda nun 14%, ó tempo que puxo en marcha o Lugo Emprega dando traballo a 711 persoas, impulsou o Pacto Provincial polo Emprego insertando laboralmente a 576 desempregados na provincia, ou executou obras por valor de 60 millóns de euros só mediante o Plan Extraordinario de Obra Pública que mantén postos de traballo. A maiores, saldou a débeda histórica do canon, creou unha rede de parques de bombeiros e está a construír as 14 primeiras residencias con centros de día na provincia.
Representantes da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Administración Xeneral do Estado fixaron dita porcentaxe (5,53%) como o límite para a presentación de plans de reequilibrio. As entidades locais que presenten un déficit inferior están exentas desta obriga. É o caso da Deputación de Lugo e as súas entidades dependentes (INLUDES, SUPLUSA, Fundación TIC e Consorcio Provincial de Bombeiros) que acadaron ó ano pasado uns ingresos non financeiros de 105 millóns de euros, e uns gastos non financeiros de 111 millóns de euros. Isto supón, unha diferencia de -5,8 millóns, é dicir un 5,52%.
Froito do 1º Plan Económico Financeiro
A boa situación económica da Deputación é froito da posta en marcha do Plan Económico Financeiro de reequilibrio que cumpre o seu obxectivo. Trátase dunha iniciativa impulsada polo actual equipo de Goberno provincial, e aprobada en xullo de 2008 convertendo á Deputación de Lugo na 1º administración provincial en Galicia cun plan destas características. Dende a súa creación, os criterios deste plan fundamentaron os presupostos da institución lucense. Isto permitiu un maior investimento público co fin de crear servizos e postos de traballo, unha situación económica saneada e equilibrada, e un baixo nivel de endebedamento.
Deste xeito, o igual que nos últimos tres anos a institución acadou a estabilidade presupostaria sen deixar de investir nin un só euro; o nivel de endebedamento tamén se atopa por debaixo do 75% máximo que marca a Lei de Presupostos do Estado. Todo isto, malia ter que recorrer a un crédito de 12 millóns de euros para construír os centros para a 3º idade. En comparanza, a Deputación de Ourense acumula unha débeda de máis de 80 millóns de euros, superando nun 35% o límite legal ó acadar o 110%. Na mesma situación se atopa a de Pontevedra, que ten unha débeda de 108 millóns de euros, chegando ó 110%. Pola súa banda, a Xunta, segundo datos do Banco de España, sitúa a débeda pública en 6.162 millóns de euros.
Medalla de Ouro da provincia
O Pleno aprobou por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da provincia ó anterior Secretario Xeral da institución, Faustino Martínez, en recoñecemento do seu compromiso e traballo por Lugo durante os 28 anos que estivo á fronte da Secretaría da Deputación.
Martínez é natural de Navia de Suarna, licenciado en Dereito e diplomado en Administración Local. Ingresou por oposición no Corpo de Secretarios de 1º categoría de Administración Local en 1968, prestando os seus servizos nos Concellos de Cangas de Narcea, Durango, Ferrol, así como na Deputación de Lugo. Logrou as Insignias de Ouro de Cangas e Ferrol, así como a Cruz de Cruciaga en Durango.
O seu maior éxito profesional acadouno como letrado da Deputación lucense ó obter a compensación de tasas coa Seguridade Social polos doentes do hospital San Rafael. Esta foi a primeira vez en España que unha entidade local gañou un contencioso destas dimensións a dito organismo. Ademais, tamén acadaron gran difusión as sentenzas sobre a natureza dos Plans Provinciais de Obras e Servizos.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



