Nota de prensa:
A última xunta de goberno da Deputación convócase para repartir cartos entre o PSOE e BNG
Lugo, a 19 de maio de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular lamentou que o bipartito provincial agardara ata a última xunta goberno da lexislatura para adxudicar subvencións e obras por algo máis de tres millóns de euros das que, “como ven sendo habitual”, saen moi ben parados os concellos gobernados por socialistas e nacionalistas.
Os populares recalcan a este respecto que unha decena de concellos gobernados por socialistas e nacionalistas lévanse a maioría do montante económico adxudicado, mentres que o que lle corresponde ós “dous concellos populares agraciados con esta pedrea” ascende a 484.000 euros e eso, segundo matizan, pese a que unha das actuacións incluidas neste último reparto, por importe de 133.332 euros, está adscrita ó pago do canon hidroeléctrico.
Dende o GPPP recoñecen que non lles sorprende o proceder sectario que manifesta a Deputación á hora de repartir os fondos que xestiona “porque esta foi unha práctica habitual durante este catro anos”.
Os populares lamentaron asimesmo que a “hiperactividade” na que se sumiu o bipartito provincial nestas últimas semanas non se manifestara durante toda a lexislatura. Como consecuencia, segundo recalcaron, obras que deberían estar xa rematadas e, por consiguiente, das que deberían estarse a beneficiar os habitantes destas provincia, aínda non empezaron.