Nota de prensa:
Pagan propaganda electoral nos medios de comunicación pero despois nun cumpren con feitos alí onde gobernan
O COMPROMISO DO BNG POR MANCOMUNAR SERVIZOS MUNICIPAIS É ESTRICTAMENTE PUBLICITARIO POIS TODOS ALCALDES NACIONALISTAS DESPREZAN Á MANCOMUNIDADE DA MARIÑA
Os alcaldes nacionalistas de Ribadeo e Mondoñedo nin tan sequera pagan as cotas da mancomunidade comarcal e Riotorto, xunto aos dous anteriores, non asisten a ningún dos seus plenos.
A Mariña, 13 de maio de 2011.- Os populares veñen de denunciar que o compromiso do Bloque Nacionalista Galego por mancomunar servizos municipais entre os distintos concellos da nosa comarca é estritamente publicitario pois os actuais alcaldes nacionalistas desprezan e dan as costas á Mancomunidade da Mariña lucense, precisamente o organismo encargado de articular este tipo de servizos conxuntos.
O PP considera lamentable que os nacionalistas paguen propaganda electoral nos distintos medios de comunicación promovendo a importancia e os beneficios dos servizos mancomunados pero despois sexan incapaces de demostrar con feitos este compromiso alí onde polo momento gobernan. A súa é unha actitude hipócrita que lles deixa en evidencia na práctica.
Os populares van máis lonxe aínda e exemplifican a súa denuncia con casos concretos. Así por exemplo o alcalde nacionalista de Ribadeo, aínda que tomou posesión na Mancomunidade non volveu a ningún dos plenos deste organismo e nin tan sequera paga as cotas que lle corresponden. No tocante ao concello de Mondoñedo, o seu alcalde, nin paga as cotas correspondentes, nin tan sequera tomou posesión. Finalmente o alcalde de Riotorto, si tomou posesión e si pagou as cotas, pero non asistiu a ningún dos plenos da mancomunidade convocados.


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



