Con motivo do 25 aniversario do CEIP Vista Alegre, organizase unha comida conmemorativa o día 18 de xuño, sábado. A cita pode acudir alumnado e profesorado e todas as persoas que forman parte da historia do centro. A xuntanza será no pavillón Vista Alegre onde se celebrará unha comida, a partir das 14:00 horas, servida por un catering, con entrantes variados, peixe, carne e postres; amenizará unha orquestra; o prezo é de 20 euros. As persoas interesadas en participar, deberán ingresar o importe indicado na conta 2100 2460 81 0200088446 de La Caixa e gardar o xustificante de pago que se utilizará como entrada o día da comida. O prazo para anotarse remata o día 10 de xuño.
Organizan unha xuntanza para celebrar o 25 aniversario do CEIP Vista Alegre en Burela
Organizan unha xuntanza para celebrar o 25 aniversario do CEIP Vista Alegre en Burela
Relacionado
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia
-
Ás cinco da tarde deste sábado saía das inmediacións do Parque de San Francisco a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais na que se inscribiron máis dun milleiro de corredoras e corredores.
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, que se celebrou este sábado en Ribeiras de Lea (Castro de Rei)