Nota de prensa:
Acabouse a tempada oficial da LNB. Os representantes do Norleste fumos a Conxo e non voltamos de vacio. O comezo foi moi esperanzador con Reyes en estado de gracia que se foi desfacendo das rivais unha a unha. En semefinai repetiuse a final do ano pasado, enfrotándo a campiona e subcampiona, pero desta volta Reyes tomouse a revancha e gañou a Carmela para plantarse na gran final ca xoven promesa do Centro, xa toda unha firme realidade, Raquel dos Trouleiros que non llo puxo facil.
A loita foi dura e rematou con un merecido empate, as súas xogadoras se empregaban a fondo para gañar. No desempate foi Reyes a que se levou o trunfo logo dun golpe extraordinario ó que Raquel non puido contestar. A vixente subcampiona deu un pasiño mais e acadou o título que a acredita como Raiña da LNB 2011.
Na final de equipos sufrimos a baixa dos palanadores do Centro por diferencias de criterio ca organización. Deo comezo o xogo e fóronse sucedendo as carreiras nos distintos grupos con dous equipos que se distanciaban perigosamente: Os Bateas e os Billardeiros Musicais. Finalmente foron os primeiros os que se proclamaron Campións con 2 puntos por riba (ainda que os Billardeiros Musicais consideran e así o espuxeron a mesa, que lles faltou una carreira por disputar). “Os Bateas” pois Campións da LNB 2010-2011
A xornada que tiña comenzado cun espléndido sol foise trocando en nubes e choiva mentres toda a xente se iba acomodando para xantar. Os gaiteiros de Marín amenizaron o momento de troula pero flotaba no ar unha tensíón contida polo que restaba de competición.
A tardiña seguiuse a competicíón dando comezo polo campionato de varados. En tres pistas simultaneas os palanadores iban turnandose nunha rolda de 6 tiros cada un. O terreo pesado pola choiva complicou ainda mais a xa de por sí dificil tarefa de acadar os 50 m. do varal de un so golpe. Chupi nunha pista e Markytos noutra foron os que mais se achegaron pero ninguén o conseguiu. Adiantouse a liña de tiro uns cinco ou seis metros e nova rolda, esta vez de 3 tiros.
Na pista 1 e no primeiro tiro Chupi quedou a tan so uns cms. da liña do Varal e a continuación Daniel agarrou un boísimo disparo que mandou a billarda polo mismo medio e mais aló do varal. Xa tiñamos campión a espera de que alguén mais conseguira varado.
Nos intentos que quedaban os palalnadores esfórzaronse por igualar o marcador e seguir na disputa pero non houbo que facer, o campionato estaba decidido. Daniel Campión de Varados da LNB 2010.2011.
Quedaba a disputa do Campionato Individual Absoluto na que o vixente Campión Markytos viña con gañas de repetir triunfo e a piques estivo de conseguilo.
A fase de grupos non deparou moitas sorpresas, os Guille, Chupi, Eric, Salgue, Rubén, Xan, Daniel, Roi, Markytos, Serxio, Xose, Lois, Iván, Angelito, etc. etc., mellores clasificados de cada conferencia pasaron sin demasiados apuros.
Cabe destacar a Fran A., do Festifolk, o mais cativo da Competición, que pasou brilantemente varias roldas e a Serxio dos Xarutos, que tivo unha extraordinaria actuación e caeo en cuartos.
Nas semifinais 4 figuras; dous veteráns que se enfrontaban entre sí: Markytos e Chupi e na outra dous novatos con pretensións: Guille e Iván.
Os novatos loitaron bén ainda que amosaron o nervosismo do momento, os dous nembargantes tiveron opcións e a balanza iba cambiando de un a outro bando ata que Iván, algo mais centrado, atinou cun bo golpe e a resposta de Guille non tivo a contundencia necesaria. Iván pasa a final.
Markytos e Chupi deron os xeareiros motivos abondos para aplaudir e disfrutar da billarda. A cada certerio golpexo de un contestaba o outro con un golpe ainda mellor si cabe. Aquí non gaña o que acerte, PERDE O QUE ERRE! Así tiña que ser… e así foi: Chupi nunha quenda que tiña facil errou e Makytos aproveitou para rematar a partida. Markytos a final por terceiro ano.
A final parcecia propicia para que Markytos revalidara o título e comenzou dominando pero Iván non llo iba poñer doado, refíxose na segunda carreira e foi quen de forzar un desempate no que con dous golpes de maestro doblegou o Campión que non tivo mais remedio que ceder a coroa o un novo Rei. Iván Campion da LNB 2010.2011.
Rematou pois a tempada regular e mentres agardamos o comezo da nola liga, habera distintos torneos dos que iremos informado ca antelación debida. A primeira cita e xa este sábado 4 de xuño en san Miguiel de Reinante, no I aberto de Flores. As 4,30 h. no campo da Festa o lado da Igrexa de San Miguel.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 
