Nota de prensa
SEMANA DOS MUSEOS – COMPLEXO REGALXUNQUEIRA
O Día Internacional dos Museos celébrase o 18 de Maio en todo o mundo dende o ano 1977, tal día foi o resultado da resolución tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos) en Moscova. O ICOM, creado en 1946 é unha organización non gubernamental, dependente da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), con status de órgano consultivo do Consello Económico e Social das Nacións Unidas. O ICOM aglutina a museos e profesionais, e está dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intangible.
O tema para o Día Internacional dos Museos 2011 é Museo e Memoria. Os museos gardan a memoria e contan historias. Conservan nas súas coleccións obxectos fundamentais para a memoria das comunidades nas que vivimos. Tales obxectos son a expresión dos nosos patrimonios natural e cultural. Moitos deles son fráxiles, varios están en perigo, e todos necesitan un coidado e unha conservación especiais. O Día Internacional dos Museos 2011 será a ocasión de descubrir e redescubrir as memorias individual e colectiva.
No CONXUNTO MUSEISTICO REGAL XUNQUEIRA recoñicido oficialmente fai ano e medio, polo Consello da Xunta de Galicia. Programou por segundo ano consecutivo unha semán de actividades que deron comenzo o pasado sábado con xornadas de portas avertas e proxecion inenterrumpidamente do documental LINGUAS CRUZADAS de Maria Yañez e Mónica Ares, encol da utilización da lingua galega por parte da xuventude.
Prolongouse esta adtividade ata onte dia 17 e nela participaron perto de 300 visitantes, a maior parte deles de fora da bisbarra.
Hoxe mércores tivemos toda a maña unha visita de 54 alumnos do Colexio Vista Alegre de Burela, que participaron na programación do centro didáctico, documental, visitas a ós museos de cerámica e coiro, visita ós obradoiros de cerámica e por ultimo participaron nun obradoiro onde cada un deles a o cargo de monitores elaboraron sendas pezas de cerámica, que seran posteriormente cocidas e enviadas o colexio para ser repartidas.
Hoxe as 20,30 teremos unha mesa redonda encol da política e da cultura na que participaran Bernardo Fraga Galdo candidato do BNG e Jesús Fernández numero dous da lista de IVI, o PP e o PSOE que foron invitados non comunicaron si virian, no caso dos socialistas o seu secretario de organización nos contestou por telefono que “estamos moi ocupados e non creo que vaiamos”.
Maña XOVES 19 Actuación musical do coro e músicos do LOIS TOBIO composto por 60 persoas entre pais e nenos do devandito colexio de Viveiro. Antes do concerto inaugurarase o nome oficial e placa do auditorio de REGAL XUNQUEIRA co nome de PABLO PICASSO, e catro obras do mesmo que decoraran o salon as 20:30 h.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



