Nota de prensa:
NON AO PECHE DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN GALEGO
Compostela, a 28 de xuño de 2011.- Ante o triste anuncio de que hoxe publica o seu último número o diario galego Galicia Hoxe, ADEGA quere amosar a súa indignación pola desaparición progresiva que están a sufrir no país os medios de comunicación escritos e dixitais que se expresan na nosa lingua. Primeiro foi o peche de Vieiros, A Peneira, GZNación e a edición impresa de A Nosa Terra, e agora o de Galicia Hoxe. ADEGA considera que esta sucesiva eliminación de medios en galego non responde tan só a unha cuestión de inviabilidade económica, senón, e sobre todo, á discriminación e ao recorte de axudas que estes están a padecer por parte das Administracións públicas, nomeadamente da Xunta, fronte a outros soportes escritos en lingua española.
Desde ADEGA queremos expresar a nosa máis fonda tristeza pola desaparición deste xornal que, a pesares de non ser dos soportes que contaban con máis recursos en Galiza, sempre foi receptivo e respondeu moi positivamente ás nosas convocatorias e notas de prensa e á información ambientalista en xeral. Queremos solidarizarnos cos xornalistas que quedan sen emprego e, especialmente, agradecer e recoñecer a profesionalidade de traballadoras de Galicia Hoxe que sempre estiveron comprometidas coa defensa da información ambiental e con darlle voz ao ecoloxismo, ao sector asociativo ou a plataformas de afectados polos impactos exercidos sobre o territorio galego.
O ecoloxismo galego e a defensa do medio natural precisan de profesionais do xornalismo e de medios de comunicación coma estes que, ademais de defender a lingua do país, atenden a cuestións de especial relevancia social e ambiental omitidas por outros medios máis pendentes de contentar ao goberno ou aos intereses do capital. Alén diso, criticamos que a Xunta estea a destinar a meirande parte dos fondos públicos para o fomento do galego en medios que, a pesar de ser producidos en Galiza, minimizan, omiten ou desvirtúan toda información que teña que ver coa defensa da nosa lingua e tamén do noso medio natural, como é o caso, por exemplo, de La Voz de Galicia. Namentres, déixase esmorecer o único xornal impreso e diario que ficaba no país publicado integramente en galego.
A situación pola que están a pasar os medios de comunicación en galego é nefasta e non se pode seguir tolerando, nin polas administracións públicas, nin pola sociedade galega en xeral. Por iso demandamos da Xunta que cumpra dunha vez por todas coas súas responsabilidades no terreo da política de normalización lingüística, que non discrimine e non recorte as axudas para os medios escritos en galego e que favoreza e facilite, como así está obrigada, o acceso á información en galego nos medios de difusión xeral (ademais dos medios públicos), e sobre todo daqueles que comunican integramente na nosa lingua e atenden a cuestións de interese público, xeral e social como é o ecoloxismo. Ao mesmo tempo, pedimos ao conxunto da sociedade galega que demande unha maior presenza do idioma galego nos soportes de comunicación mediática xeral.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



