Nota de prensa
O BNG PREGUNTA AO ALCALDE DE CERVO POLAS MEDIDAS TOMADAS PARA SALVAGARDAR O CASTRO DA ATALAIA
Nin a Xunta nin o concello cumpren a lexislación sobre o patrimonio cultural de Galiza
Os nacionalistas acusan ao goberno local de desvincularse da defensa do patrimonio cultural cervense
Cervo, 16 de xuño de 2011. O BNG de Cervo está disposto a conceder tempo suficiente ao novo goberno municipal para que se asente nas súas funcións, mais non o fará con efectos retroactivos. Neste sentido presentan unha pregunta á alcaldía co fin de que aclare si cumpriu a súa obriga derivada da lexislación sobre protección do patrimonio Cultural situado no termo municipal cervense. Os nacionalistas explican que en escritos recibidos no concello de Cervo, un o 15 de decembro de 2010 da Xefatura Territorial de Cultura e Turismo de Lugo e outro o 3 de xaneiro de 2011 da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, advírtese do grave deterioro do xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia, comunicándolle ao propietario dos terreos a obriga de protexelos, debendo tapalos provisionalmente con materiais axeitados e advertindo ao goberno local das súas obrigas derivadas do Art. 4 da Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galiza.
Nin a Xunta nin o goberno local cumpren nin fan cumprir a lexislación sobre protección do patrimonio.
Tal como se indica no Art. 4 da Lei 8/1995 de 30 de outubro de Patrimonio Cultural de Galiza no seu apartado 1 “os concellos teñen a obriga de protexeren, defenderen, realzaren e daren a coñece-lo valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que radiquen no seu termo municipal”, na mesma liña o apartado 2 deste artigo sinala “correspóndelles, así mesmo adoptar, en caso de urxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagarda-los bens do patrimonio cultural de Galicia que visen o seu interese ameazado”. Para os nacionalistas cervenses é evidente que o goberno local, no caso do Castro da Atalaia, eludiu as súas responsabilidades e desvinculouse da defensa do seu propio patrimonio tal como lle esixe a lexislación, e así lle foi solicitado no escrito da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de 3 de xaneiro de 2011.
O BNG deixará a Villares asentarse e conformar o novo goberno pero debe explicar a súa inacción na defensa do patrimonio cultural.
O Responsábel Local Nacionalista, Ramón Luís Bernardo Insua, anunciou que “unha das primeiras iniciativas do BNG será preguntar polas xestións levadas a cabo polo goberno local en relación á protección do Castro da Atalaia e si tomou algunha medida cautelar para a súa protección”. Insua deixou claras as obrigas do goberno local derivadas da lexislación do patrimonio cultural galego, concretadas entre outros no Art.4 da Lei de Patrimonio Cultural de Galiza, e afirmou que “unha de dúas, ou o goberno local non exerce a súa autoridade, ou fixo deixación de funcións para preservar o seu propio patrimonio cultural.”
En concreto o BNG presentará as seguintes preguntas:
1.- Que xestións fixo o goberno municipal de cara a protexer, preservar e defender o xacemento arqueolóxico do noso termo municipal, Castro da Atalaia, producidos pola ausencia de protección tal como relatan os escritos aos que se fai referencia na exposición de motivos?
2.- adoptou o goberno local algunha medida de urxencia ou cautelar para salvagardar o Castro da Atalaia?



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



