Nota de prensa
Con esta sentencia péchase o conflito xudicial iniciado polo Goberno local do Partido Popular no ano 1999
A XUSTIZA RATIFICA DEFINITIVAMENTE QUE O CUSTE REAL DO PLAN PLACER ERA UN 57% INFERIOR AO QUE PRETENDÍA ABOAR O PARTIDO SOCIALISTA
- Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita o recurso de apelación interposto pola empresa adxudicataria contra a sentenza de setembro de 2010 favorable ao Concello e ratifica definitivamente como boa a liquidación final feita polo Goberno local avalada por informes técnicos externos que valoraban a contía real dos traballos realizados dentro do Plan Cervo de Inversións (Plan Placer) nun 43% do que pretendía pagar o Goberno socialista de Roberto Álvarez
- Nesta sentencia obrigase á empresa a devolver ao Concello 156.574,23 euros indebidamente cobrados
Cervo, 25 de xuño de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e as concelleiras Yolanda Pedreira (Educación e Emprego) e Tania González (Facenda, Servizos Sociais e Cultura), deron a coñecer esta mañá o contido da sentencia do Xulgado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que desestima o recurso de apelación interposto pola empresa contratada polo anterior goberno municipal socialistas para facer as obras do plan de asfaltados de Cervo (Plan PLACER) contra a sentencia de setembro de 2010 do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo e obrígalle a devolver ás arcas municipais 156.574,23 euros.
Segundo indicou o rexedor, esta resolución xudicial é definitiva e non cabe recurso algún, “e polo tanto, ven a pechar definitivamente un contencioso no que o Partido Popular leva loitando dende hai máis dunha década, cando chagamos á responsabilidade deste Goberno municipal”.
Villares fixo unha exposición pormenorizada dos distintos contenciosos que leva mantendo o Concello coa empresa adxudicataria destas obras dende o ano 1999. Salientou que nesta derradeira sentencia o TSXG ven a confirmar unha vez como probado “e acreditado pericialmente” que a valoración económica dos traballos realizada polo Concello e por empresas externas era correcta, “e segundo eses cálculos o montante real dos traballos foi un 43% do que pretendían aboar os socialistas cando subscribiron este acordo durante a súa etapa á fronte deste Concello”.
Segundo o mandatario local, son moitas as explicacións que debe dar os socialista a tódolos veciños de Cervo. “Deben explicar cales son os intereses que os moveron e moven para levar adiante este tipo de decisións irregulares, escuras e prexudiciais para os veciños de Cervo” enfatizou.
Villares lembrou tamén que tódolos integrantes dos gobernos do Partido Popular no Concello de Cervo nestes 12 últimos anos defenderon os intereses de tódolos veciños “e o exemplo está no que hoxe a xustiza acaba de ditaminar: que o Partido Socialista pretendía que a cidadanía deste concello pagara 2.626.422 por unhas obras que non valen nin a metade diso; algo que leva defendendo o Partido Popular nestes últimos anos” recalcou.
P.D: Axuntamos sinopse do contencioso Plan Placer
SINOPSE PLAN PLACER
- Goberno local do PSOE aproba no ano 1999 o Plan de asfaltados (Plan Placer) por un valor de 2.626.422,90 €
- En xuño do mesmo ano (1999) o Goberno municipal socialista fai o pago de 1.574.651,7 euros a esta empresa durante o seu mandato en funcións e coas eleccións municipais perdidas (1.295.181,08 euros en efectivo e 279.470,62 € en letras de cambio a favor desta empresa)
- Nada máis chegar ao Goberno local, o grupo municipal do Partido Popular decide bloquear os pagos comprometidos polos socialistas e pendentes de abonar a esta empresa por valor de 1.051.771,2 €. Paralelamente inicia accións legais contra esta empresa diante das sospeitas de presuntas irregularidades no contido do contrato subscrito polo Goberno municipal do PSOE
- Dende aquela (hai 12 anos) o Concello leva inmerso en xuízos co obxecto de recuperar para o erario público do municipio as cantidades indebidamente pagadas polo goberno municipal do PSOE a esta empresa e tamén para evitar pagar o comprometido polos socialistas.
- Grazas a esta xestión, no ano 2005 a Xustiza obriga á empresa a devolver os 279.470 euros das letras de cambio comprometidas polos socialistas no seu período de Goberno municipal en funcións.
- En setembro de 2010 os xulgados volven a dar a razón ao grupo de Goberno do PP e obriga á empresa a devolver ás arcas municipais 156.574,23 euros máis en base á liquidación final do contrato que unía á empresa Coto co Concello e que foi feita en base a informes periciais de dúas empresas independentes.
- Agora, xuño de 2011, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso de apelación interposto pola empresa contra a sentencia de setembro de 2010 e ratifica de xeito inapelable a decisión do Tribunal do Contencioso-Administrativo de Lugo opola que obriga a Construcciones Coto a reintegrarlle ao Concello 156,574,23 euros ao quedar definitivamente probado que a valoración dos traballos feita polo Concello e polas consultoras independentes era correcta.
-
- ESTA SENTENCIA É DEFINITIVA E CON ELA QUEDA PECHADO DEFINITIVAMENTE O CONTENCIOSO INICIADO HAI MÁIS DUNHA DÉCADA POLO GOBERNO LOCAL DO PARTIDO POPULAR
- En total -nestes 12 anos- o Goberno municipal do Partido Popular logrou recuperar para os veciños do municipio as seguintes cantidades económicas:
-
-
Concepto Cantidade (€uros) Letras de Cambio: 279.470,02 € Liquidación: 156.574,23 € Bloqueo de pagos comprometidos 1.051.771,20 € TOTAL aforrado: 1.487.815,45 €
-
- Isto arroxa que, dos 2.626.422,90 € que pretendían pagar os socialistas, o custe real do Plan de Asfaltados de Cervo (Plan Placer) subscrito polo grupo socialista estando en funcións de Goberno foi tan só de 1.138.607,45 € (un 43% do inicialmente presupostado e valorado):
| Custe inicial contratado polo Goberno local do PSOE | 2.626.422,90 € |
| Recuperado/aforrado polo Goberno local do PP | 1.487.815,45 € |
| CUSTE REAL | 1.138.607,45 €
(43% do inicialmente presupostado) |


























Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



