Nota de prensa
RAQUEL ARIAS DESTACA “O TRABALLO QUE DESENVOLVEN NA DIVULGACIÓN DA CULTURA GALEGA NO EXTERIOR” OS PARTICIPANTES NAS ‘ESCOLAS ABERTAS’
A delegada territorial presidiu hoxe o acto de clausura hoxe dos obradoiros que se celebraron durante este mes de xullo en Lugo
Un total de 97 cidadáns galegos residentes no exterior, procedentes de once países, participaron en cursos de baile tradicional e formación TIC, entre outros
A representante do Executivo autonómico invitou aos alumnos a levar a cabo proxectos nos seus países de residencia, “porque, de seguro, redundarán tamén en beneficio de Galicia”
Lugo, 30 de xullo de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presidiu hoxe o acto de c
de Galicia, e que tiveron Lugo como centro de actuación. Arias fixo entrega dos diplomas acreditativos aos 97 alumnos que se beneficiaron durante este mes de xullo dos citados obradoiros.
Arias gabou “a labor que desenvolven na divulgación da cultura galega alén das nosas fronteiras os participantes neste programa”, desenvolto polo Executivo galego a través da Secretaria Xeral de Emigración.
Estes programas de formación están dirixidos tanto a comunidades galegas no exterior como a cidadáns individuais residentes no estranxeiro, sexan cidadáns galegos, fillos ou netos de emigrantes e levan realizándose dende o ano 1999. Na presente edición participaron un total de 97 persoas procedentes dos seguintes países: Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil, Cuba, Estados Unidos, Chile, México, Francia, Suíza e España.
Entre os distintos obradoiros que se levaron a cabo destacan cursos en novas tecnoloxías, en gaita tradicional galega, en canto popular e pandereita, baile tradicional galego ou xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro.
Este dobre vertente entre modernidade e tradición está directamente relacionada co espírito galego, tal e como destacou Arias na súa intervención. A delegada incidiu en que “a Galicia que hoxe temos non se parece a de antano, nas comunicacións, en nivel de vida, en igualdade, en posibilidades de acceder á cultura… pero sen embargo é exactamente igual a aquela Galicia onde o amor a terra era o primeiro sentimento que os nosos pais e os nosos avós nos inculcaron”.
Raquel Arias, que estivo acompañada por Andrés Castro Bande, subdirector xeral de Centros de Comunidades Galegas. invitou a todos os beneficiarios destas Escolas Abertas 2011 a “seguir sendo os nosos embaixadores” e a “expandir o mensaxe polo mundo de que Galicia é unha terra próspera de xente traballadora, de grandes e firmes valores e que posúe posibilidades aínda para desenvolver”.
A delegada territorial tamén fixo fincapé na utilidade destes obradoiros, instando ao centenar de beneficiarios a que utilicen os coñecementos obtidos para levar a cabo accións e proxectos fora das nosas fronteiras. Arias animou aos presentes a “crear asociacións e entidades que desenvolvan traballos e proxectos para as comunidades do exterior, que seguro redundarán tamén aquí en Galicia”.
O acto, que estivo dirixido por un presentador, comezou cunha serie de actuacións representadas polos alumnos dos obradoiros, nun reflexo das distintas actuacións que se levaron a cabo nas Escolas Abertas. Con esta edición, son xa doce as que se teñen realizado deste programa dende a súa posta en marcha no ano 1999. En total, as Escolas Abertas suman xa máis dun milleiro de asistentes dende o seu inicio.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



