Nota de prensa
O GPPP levará ó pleno da Deputación a financiación autonómica e o operativo loxístico á costeira do bonito
Lugo, a 23 de xuño de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular rexistrou na Deputación tres mocións relativas ó incumprimento do sistema de financiación autonómica por parte do Goberno central, sobre o operativo loxístico en apoio das embarcacións pesqueiras que participan na costeira do bonito e para garantir a continuidade do Curso Internacional de Música e Musicoterapia que organiza cada ano AIMPNE.
No que atinxe á primera, o GPPP require á Deputación de Lugo que inste ó Goberno central a chegar a un acordo no seo do Consello de Política Fiscal e Financieira para poñer fin á débeda con Galicia por importe de 805 millóns de euros correspondentes o presente ano e derivada dos incumprimentos no sistema de financiación autonómica.
Salientan os populares que o pasado 5 de xullo o Goberno da Xunta de Galicia e o Goberno central mantiveron unha reunión no seo da Comisión Bilateral para negociar a transferencia a Galicia deses 805 millóns de euros que a Xunta reclama para o presente exercicio por incumprimentos do sistema de financiación autonómica. Nesa reunión, segundo recalcan dende o GPPP, a Xunta atopouse cunha total falta de vontade para o dialógo e para acadar o consenso por parte dos representantes do executivo central.
Os populares alertan de que a negativa do Goberno a cumplir o sistema de financiación pon en risco a prestación de servizos públicos fundamentais e entenden que o Goberno ten unha oportunidade para correxir esta situación na próxima reunión do Consello de Política Fiscal e Financieira polo que requiren á Deputación que o inste a facelo.
APOIO Á COSTEIRA DO BONITO
Os populares reprochan ó Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Mariño a súa tardanza en convocar a reunión coas CCAA na que se perfilou o groso do operativo loxístico que se despregará este ano en apoio das embarcacións pesqueiras que participan na costeira do bonito. Entenden que resulta lamentable a improvisación coa que actúa o Executivo central ante unha costeira que, pola súa periodicidade anual e pola importancia que ten dado o elevado número de embarcacións que participan, debera non só estar mellor organizada, se non tamén, dispoñer do conxunto dos medios navais e aéreos de apoio, desde o primeiro día, esto é, mediados de xuño.
Precisamente para evitar que esta situación poida volver a repetirse no futuro e recalcando a importancia económica que esta actividade ten para a provincia de Lugo, dende o GPPP queren que a Deputación de Lugo inste á Xunta de Galicia a dirixirse ó Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Mariño para que convoque e desenvolva, con carácter previo ó inicio da costeira estival do bonito, a reunión de coordinación coas comunidades autónomas para determinar o operativo loxístico de apoio a esta flota. Recalcando a este respecto que o devandito operativo loxístico, en todo caso, deberá poñerse en marcha nunha soa fase e en coincidencia co inicio da campaña estival de pesca deste túnido.
CURSO MUSICOTERAPIA
O GPPP tamén propón que a Deputación de Lugo colabore coa Asociación Interdisciplinar Músicosensorial a favor das Persoas con Necesidades Especiais (AIMPNE) para garantir a continuidade do Curso Internacional de Música e Musicoterapia que esta asociación organiza cada ano.
Este curso está dirixido a nenos con necesidades especiais chegados de varios países, co fin de integralos no mundo da música. As administracións públicas, entenden os populares, teñen a obriga de contribuír ó apoio desta iniciativas porque supoñen un avance significativo en materia de igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, integradas de pleno dereito nas súas respectivas sociedades.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



