Nota de prensa:
ECONOMÍA E INDUSTRIA INCREMENTA OS APOIOS AOS INVESTIMENTOS DAS PEMES AO AMPARO DO IMPULSA LUGO
A Consellería de Economía e Industria vén de aprobar a modificación das bases reguladoras dos apoios a grandes investimentos empresariais para facilitar subvencións máis intensas a proxectos promovidos por pequenas ou medianas empresas en sectores de actividade considerados estratéxicos polo Impulsa
Os proxectos, con investimentos a partir de 200.000 euros, de nova implantación, promovidos por pequenas empresas en Lugo contarán con subvencións mínimas que cubrirán o 30% do importe subvencionable
No caso dos investimentos que tamén constitúan primeira implantación e sexan promovidos por empresas medianas, a subvención mínima garantida cubrirá o 25% do importe
Os investimentos en ampliación ou modernización impulsados por pequenas e medianas empresas contarán con subvencións mínimas do 25 e do 20%, respectivamente, se corresponden aos sectores estratéxicos
Santiago, 27 agosto de 2011.- A Consellería de Economía e Industria vén de aprobar maiores porcentaxes de subvención para os grandes investimentos, a partir de 200.000 euros, impulsados polas pequenas e as medianas empresas ao abeiro do plan Impulsa Lugo, de acordo co previsto no proxecto estratéxico de desenvolvemento xa aprobado, onde se definen os sectores definidos como estratéxicos no Plan estratéxico para o desenvolvemento da provincia. Os novos investimentos promovidos por pequenas empresas poderán acceder a subvencións mínimas do 30%.
O consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) vén de aprobar a modificación das bases reguladores dos apoios aos grandes proxectos de investimento empresarial para facer posible a superación dos apoios mínimos garantidos con carácter xeral no Impulsa Lugo, que acadan o 20% para proxectos de nova implantación na provincia, e do 15% para investimentos de ampliación ou modernización. Estas porcentaxes de apoio manteranse para os investimentos en sectores non considerados estratéxicos polo Impulsa Lugo.
A modificación aprobada polo Igape garantirá apoios mínimos do 30% para os proxectos investidores que supoñan unha primeira implantación en Lugo e sexan promovidos por pequenas empresas (menos de 50 traballadores), que tamén poderán acceder a subvencións mínimas garantidas do 25% cando os investimentos que impulsen sexan de ampliación ou modernización de instalacións xa existentes.
Do mesmo xeito, os proxectos de primeira implantación promovidos por medianas empresas (de menos de 250 empregados) poderán acceder apoios mínimos garantidos que cubrirán o 25%, apoios que serán do 20% cando os investimentos sexan de ampliación ou modernización.
A maior intensidade nos apoios aos investimentos impulsados polas pequenas e medianas empresas será aplicable aos proxectos que desenvolvan algunha das actividades consideradas estratéxicas ou de futuro no Plan estratéxico de desenvolvemento do Impulsa Lugo, onde figuran, entre outras, a industria de transformación agroalimentaria, incluíndo conservas de pescado; o sector químico e industria farmacéutica; a eliminación, valorización e reciclaxe de residuos; o transporte de mercadorías; hoteis de 4 ou máis estrelas, balnearios e baños, podendo incluír instalacións complementarias; as industrias de biotecnoloxía; ou as actividades de electrónica, robótica, audiovisual, telemática, e telecomunicacións e desenvolvemento de software”.
O incremento na intensidade dos apoios a grandes investimentos na provincia de Lugo, cando sexan impulsados por pequenas e medianas empresas e en sectores de actividade considerados estratéxicos ou de futuro no marco do Plan Impulsa, entrará en vigor unha vez se publique no DOG, despois de que o Consello da Xunta ratifique a modificación das bases que regulan os apoios do Igape.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



