Nota de prensa
Os nacionalistas consideran unha vergoña a actitude dos alcaldes populares.
O BNG ESIXE O MANTEMENTO DO SERVIZO DE AMBULANCIA
Os portavoces municipais do BNG dos concellos de Barreiros, Ana Ermida; Foz, Xoán Carlos Basanta e Ferreira do Valadouro, Eduardo Chao; compareceron hoxe en rolda de prensa para volver a expresar o rexeitamento desta formación política a respecto da decisión da Consellería de Sanidade de suprimir a ambulancia asistencial que daba servizo ás mencionadas localidades. Neste sentido os nacionalistas volveron a insistir na necesidade de restablecer un servizo do que actualmente se benefician mais de 15.000 persoas e cuxa eliminación precariza ainda mais a atención sanitaria no conxunto da comarca.
Tal como expresou Antonio Veiga “chove sobre mollado, pois se até agora tiñamos que sufrir unha atención sanitaria masificada tanto nos nosos centros de saúde como no Hospital da Costa, agora ao contar cunha ambulancia menos tamén os servizos ou prestacións asistenciais vanse ver reducidas. Abonda con saber sumar e restar: se até o de agora 15.000 persoas contaban coa atención dunha ambulancia as 24 horas, o feito de diminuír o número de ambulancias implica necesariamente que o servizo se deteriore de xeito sustancial”.
Eduardo Chao, portavoz do BNG no Valadouro criticou “o intento por parte do Partido Popular xa non só de deteriorar os servizos sanitarios da comarca senón o que é mais grave ainda, tentar confundir a opinión pública afirmando que o servizo queda cuberto coa ambulancia medicalizada cando o catálogo da propia Consellaría determina uns usos distintos en función da calificación do vehículo sanitario”. Na mesma liña, Eduardo Chao advertíu “que esta decisión é a antesala da agresión definitiva que o partido popular está a preparar contra a sanidade pública na Mariña e que se vai concretar nos próximos meses coa supresión da Área Sanitaria da Costa e a concentración das competencias sanitarias na Xerencia Única de Lugo. Non é un problema nominal: esta medida signilfica volver mais de 30 anos atrás e convertir o que hoxe é o Hospital da Costa nun ambulatorio grande que poucos mais servizos vai prestar que aqueles hospitais privados que había na Mariña fai 50 ou 60 anos.”.
Xa por último Xoán Carlos Basanta, portavoz nacionalista en Foz, denunciou “a actitude dos dirixentes mariñaos do Partido Popular e moi concretamente dos alcaldes dos concellos afectados que antepoñen os intereses do seu partido aos dos seus veciños. É unha auténtica vergoña o silencio dos alcaldes de Barreiros e Ferreira, pero o que non tén nome é a actitude do rexedor de Foz, o único alcalde popular de Galiza que defendeu a posición do goberno galego, non sabemos se para pagarlle á Delegada da Xunta en Lugo o pregón das Festas do Carme ou o apoio que a Sra. Arias lle prestou para empoleirarse na cabeza da lista do PP de Foz. Definitivamente, a Foz en materia sanitaria tocoulle a china co PP: primeiro déixanos sen PAC e agora quítanos a ambulancia”.
Os nacionalistas mariñaos que expresaron o seu apoio ás diferentes convocatorias de mobilización previstas na comarca anunciaron tamén a presentación de mocións nos concellos afectados, nalgúns casos convocando plenos extraordinarios, así como diferentes iniciativas institucionais alén do ámbito local.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



