Nota de prensa:
O xefe territorial de Medio Rural comproba in situ a situación de Estelo trala erradicación do brote de Tuberculose vacún
Ramón Carballo visitou o lugar mindoniense convidado polo PP local e mantivo unha xuntanza coa Comunidade de Montes da zona
O xefe territorial de Medio Rural na provincia de Lugo, Ramón Carballo, acercouse esta semana ata o lugar de Estelo, na parroquia mindoniense dos Remedios, para coñecer de primeira man a situación na que se atopa actualmente a actividade gandeira da zona logo de verse prexudicada pola detección dun brote de tuberculose vacún que en principio foi erradicado. O PP local a través da súa portavoz, Elena Candia, manifestou o agradecemento cara a Xunta de Galicia “na xestión deste problema tan importante para os gandeiros”.
Ramón Carballo recorreu os terreos a pastizal e o monte de Estelo tras ser requirido polo Partido Popular local. Ao longo da mañá Carballo comprobou in situ o número de cabezas de animais estabulado e do que pasta no monte, así como tamén presenciou o traballo dos máis de vinte veciños que se dedican a explotación gandeira na zona e observou as infraestruturas do núcleo de Estelo e Tronceda. Segundo Carballo a visita deixouno “gratamente sorprendido da boa xestión que se fai dos montes tanto forestal como agraria o que conleva a prevención de incendios forestais”. Neste senso, o xefe territorial de Medio Rural alentou aos veciños na necesidade de que “todos debemos conseguir esta xestion multidisciplinar dos montes, xa que eso redunda nunha maior rendabilidade para os propietarios, e tamén porque non para a Administración”
Durante a visita o xefe territorial, xunto coa deputada provincial e portavoz do PP en Mondoñedo, Elena Candia, e con concelleiros do partido na cidade mantiveron unha xuntanza coa Comunidade de Montes da zona. Na reunión os populares e a directiva da comunidade intercambiaron impresións sobre a situación do núcleo ao tempo que os veciños puideron trasladarlle ao representante da Xunta e do PP as inquedanzas e problemáticas que afectan a actividade gandeira e agrícola da zona.
Este lugar pertencente a parroquia dos Remedios sufriu fai dous anos un foco de tuberculose que lle custou a vida a un elevado número de reses que constituían a principal fonte de ingresos dos veciños da zona. Ramón Carballo recordou a visita que fixo a Estelo cando se detectaron as infeccións na cabana gandeira, e dende aquela asegura que “tanto a administración como os gandeiros nos puxemos a traballar na mesma dirección para que no menor tempo posible puideramos eliminar o foco”. Cabe recordar que trala realización de novas probas nos primeiros meses deste ano, os resultados foron positivos e os gandeiros recibiron a correspondente carta de cualificación sanitaria –coñecida como Carta Verde–, póndolle fin así a inmobilización das súas explotacións.
En resumo, Carballo lembrou que “esta visita encádrase dentro das visitas que pretendo facer con todolos sectores do rural para coñecer de primeira man os problemas e as necesidades de cada un dos lugares”. Tamén convidado polo PP local na tarde de onte o xefe territorial de Montes acercouse ata a parroquia de Masma para coñecer a execución das obras dentro da concentración parcelaria.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



