Nota de prensa
A CIG ENSINO ORGANIZA ESTE MES OS XIX ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA
“A formación é algo fundamental para a actividade docente” afirma a CIG
Ribadeo, 22 de setembro de 2011.- A CIG-Ensino da Mariña organiza os XIX Encontros Pedagóxicos da Mariña Luguesa que se van a celebrar do 26 ao 30 deste mes no IES de Foz. Dores Fernández Abel, secretaria da CIG-Ensino na Mariña, declarou na presentación das xornadas que a pesares da nula colaboración da Xunta de Galiza e os recortes que ano tras ano fai para a formación do profesorado a CIG volve a organizar estes encontros coa finalidade de que o profesorado da comarca poida formarse adecuadamente e que esta formación lle serva para o seu traballo diario co alumnado. Este curso de formación organizado pola CIG-Ensino en colaboración coa ASPG vai dirixido ao profesorado tanto de primaria como de secundaria, tratando de compaxinar a propia formación dos docentes con outros aspectos como o intercambio de experiencias didácticas ou o coñecemento de aspectos históricos e culturais da comarca.
Este ano os Encontros celebraranse no IES de Foz os días 26, 28, 29 e 30 de setembro, en horario de 16:30 a 20:30. Como todos os anos, os Encontros está organizado en dous bloques: un dedicado á realización de obradoiros e outro a actividades conxuntas dirixidas a todos os matriculados.
Os obradoiros nos que se pode matricular o profesorado son o de Aplicacións web na aula que estará impartido por Uxío Cerecedo González, profesor de informática no IES Illa de Sarón, e o obradoiro de Reciclaxe impartido pola profesora de Debuxo do IES de Alfoz, Paz Quiroga Labrada. Dentro das actividades conxuntas abrirán as xornadas unha conferencia sobre Rosalía de Castro, no 125 aniversario do seu pasamento dada por Mónica Pazos Martínez, profesora de Lingua e Literatura Galega. O mércores 28 haberá un Concerto Didáctico de Música Tradicional Galega a cargo do grupo Tumba e Dálle e o xoves unha charla de Anxo Louzao –Secretario Nacional da CIG-Ensino- sobre A crise económica e a educación en Galiza. Finalmente o último día do curso dedicarase a facer unha Visita Cultural por Foz no que colabora o Concello.
Para este curso está solicitada a homologación por 16 horas de formación e os interesados poden matricularse a través da páxina web da CIG-Ensino (www.cig-ensino.com) ou da AS-PG (www.as-pg.com) antes deste sábado, día 24. Queremos desde a CIG agradecer ao IES de Foz e ao Concello a colaboración prestada.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



