Foz, 10 de xullo de 2025. O Concello de Foz presenta a programación das festas do Carme, que se celebran na vila focega do 11 ao 17 de xullo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “achéganse as datas máis emotivas no calendario do verán de Foz, as festas do Carme. A devoción á Virxe do Carme é un sentimento máis que palpable no pobo de Foz, que vivirá nos vindeiros días un non parar de actividades. A foto do cartaz da festa deste ano pertence ao arquivo do Concello e é do fondo de Antonio Ares”.
O venres 11 de xullo ás 21.00 horas na Praza do Concello segue o programa Sons na Rúa coa actuación da Coral Polifónica de Foz. O sábado 12 a partir das 19.00 horas no Paseo da Ribeira a Peña Ñasss e As Farangullas organizan a tradicional sardiñada. O domingo 13 é a quenda do festival Coa Nosa Fala, que emprazado no Campo da Cabana acollerá as actuacións dos grupos A Cordeireta e O Sonoro Maxín a partir das 21.00 horas.
O luns 14 de xullo é o pregón, a cargo de Luis Alberto Burundarena Fraga, ás 20.30 horas, ao finalizar a misa na Igrexa Parroquial, nun ano moi especial no que se cumpren oitenta do tráxico naufraxio do barco focego Jesús Nazareno. A partir das 22.30 horas na explanada portuaria a verbena será a cargo da orquestra Acordes.
O martes 15 haberá sesión vermú ás 14.00 horas con La Bamba. Finaliza a novena ás 20.00 horas coa misa cantada pola Coral Polifónica de Foz. “Este é o día no que as rúas se enchen de cor e traballo de veciños e visitantes na elaboración das alfombras florais. Todos aqueles que queiran participar, tanto nas labores previas coma na confección das alfombras, poden poñerse en contacto co concello no teléfono 982.14.00.27 extensión 3 e serán remitidos ás diferentes rúas. Tamén temos que solicitar a colaboración de veciños e visitantes para que as rúas queden libres de coches conforme ás sinais e horarios que se colocarán nas mesmas”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “será unha noite longa, na que tamén haberá verbena con La Bamba e a orquestra Fania Blanco Show”.
O mércores 16 de xullo ás 12.00 horas celebrarase misa na honra da Virxe do Carme cantada por Mar Aberto, na praza Conde de Fontao, con ofrenda floral e procesión. Ao finalizar haberá sesión vermú coa orquestra Miramar. Ás 20.00 horas, misa na honra dos náufragos e a partir das 22.30 horas na explanada portuaria terá lugar a verbena coas orquestras Miramar e Capitol.
Finalmente o xoves 17 é o Día do Neno e na Praza Conde de Fontao a partir das 16.30 horas haberá inchables, obradoiros e actividades gratuítas para os máis pequenos.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece a “implicación dos veciños que forman parte da Cofradía da Virxe do Carme e todos aqueles que se implican para que as alfombras saian adiante, sen as cales a esencia desta festa se perdería”. E engade: “animamos a participar a todo aquel que queira formar parte da historia local e que todos desfruten destas bonitas festas”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



