Nota de prensa
A Deputación adiantará 21,5 millóns de euros en 2012 ós Concellos adheridos ó Sistema de Recadación Provincial
– Martínez salienta o esforzo inversor da institución que deixa de ter este cantidade na súa conta para pasarlla a 51 municipios, garantíndolles ingresos mes a mes e gañando liquidez
– O éxito desta iniciativa fixo que a institución rebaixase do 6% ó 3% a porcentaxe que os municipios deben aboar, acadando os 500.000 euros de aforro anuais ós Concellos
– A Xunta de Goberno aproba as últimas obras do canon en Sober, liquidando a débeda histórica neste municipio logo de investir preto de 450.000 euros en 11 novas actuacións
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, anunciou este venres que a Deputación adiantará 21,5 millóns de euros en 2012 ós Concellos que se sumaron ó pioneiro Sistema de Recadación na provincia que puxo en marcha a institución en 2008, dentro do plan de medidas de aforro ós Concellos lucenses. Martínez salientou o esforzo inversor do organismo xa que deixa de ter esta importante cantidade económica na súa conta para pasarlla ós 51 municipios adheridos a esta iniciativa, garantíndolles novos ingresos mes a mes e gañando liquidez.
Este ano, a Deputación está a anticipar mensualmente máis de 1,7 millóns de euros (máis de 20,8 millóns ó ano) ós Concellos que delegaron na institución a recadación de impostos municipais como o IBI (Impostos de Bens e Inmobles, cuxa campaña comeza o vindeiro 15 de setembro), IAE (imposto sobre Actividades Económicas), ICV (imposto de Circulación de Vehículos) taxas de auga, lixo, sumidoiros ou antenas parabólicas.
Martínez incidiu en que este Sistema, ademais de supor unha inxección económica mensual para os Concellos nun momento no que as dificultades económicas están facendo mermar as súas contas, conleva a maiores un significativo aforro ó ano para cada municipio. Evitan primeiro a contratación dunha empresa exterior. Ademais, o feito de que a Deputación asuma a recadación de impostos dun total de 51 Concellos, supuxo a rebaixa do 6% ó 3% na porcentaxe que os municipios deben aboar en periodo voluntario. Todo isto conleva un aforro de 500.000 euros anuais ós Concellos.
Dende a posta en marcha do Sistema de Recadación Provincial a institución adiantou un total de 62,2 millóns de euros ós municipios. As vantaxes desta iniciativa fixo que se incrementase o número de Concellos adheridos, pasando dos 44 iniciais ós 51 que hai actualmente. “Temos que ter en conta que cantos más sexamos, máis eficientes podemos ser e, sobre todo, podemos reducir máis custes”, salientou o voceiro.
Fin da débeda do canon en Sober
A Xunta de Goberno aprobou novas obras por valor de 84.586 euros en Sober. Trátanse de traballos de pavimentación nos accesos de 7 localidades deste municipio: A Merla, Sancomede, Sampil, Rosende, Gullufre-Os Canares e Os Corgos. Son as últimas actuacións con cargo ó canon neste Concello coas que, por tanto, a Deputación pon fin a débeda histórica que mantiña a institución con este municipio do sur da provincia.
En total, o organismo provincial investiu en Sober mediante esta iniciativa 445.320 euros para a execución de 11 obras acordadas co propio Alcalde. A excepción dos 2 traballos que hoxe se acordaron, están finalizadas as restantes 9 actuacións.
Estas son as seguintes: acondicionamento de accesos en Proendos, área recreativa, Arroxo, Santa María e Bolmente (39.640 euros); saneamento e abastecemento en Mer (35.142 euros); abastecemento a Carqueixa (17.083 euros); saneamento e abastecemento en Froxán (48.517 euros); acondicionamento de accesos e alumeado público en Regueiro, Mogueiro, A Boca e Fervenza (41.037 euros); acondicionamento de accesos en Barantes, Barreiros e Bulso (44.965 euros); acondicionamento en Cadaval, Bananta, Piantes, Camilo e rúa da Panadería (43.721 euros); acondicionamento de accesos en Prados, Matama e Rosende (31.887 euros); e pavimentación rúa do Progreso (58.734 euros).
Máis obras
A Deputación levará a cabo 3 novas obras en Cervantes, Guntín e Vilalba por valor de 35.765 euros, financiados na súa totalidade pola institución. A Xunta de Goberno aprobou os plan de seguridade e saúde destas actuacións, sendo un dos últimos trámites necesarios para inicialas nos vindeiros días. En Cervantes, mellorarase a canalización de aguas pluviais no núcleo de Piornedo, achegando para elo 9.456 euros; construirase un novo centro social en Guntín, investindo 16.703 euros; e acondicionaranse os accesos a Penas e Ventorro, na parroquia vilalbesa de Sancobade, ademais do de Rebordaos na localidade de Insua, tamén en Vilalba. O presuposto destas últimas actuacións é de 9.606 euros.
A Xunta de Goberno deu o visto e prace a 5 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais nos Concellos de Xermade, Vilalba e Barralla. Están dotadas con 58.000 euros dos que o organismo provincial aporta 25.500 euros.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



