A peña barcelonista San Miguel lembra que está aberto o prazo para apuntarse para o desprazamento que ten previsto facer a Xixón para ver en directo ó FC Barcelona no estadio de O Molinón. O partido será o día 2 de outubro ás 20.00 horas. O prezo para socios é de 90,00 € (prezo da entrada) e para non socios de 110,00 €. Os interesados poden contactar antes do día 23 de setembro no teléfono 625 82 10 44.
A peña barcelonista de San Miguel desprazase a Xixón a ver o Barça