NOTA DE PRENSA
NNXX levará a súa campaña de afiliación por toda a provincia
Os primeiros lugares que visitarán os mozos populares serán os concellos da Mariña, Lugo e Monforte
Vega asegurou que o obxectivo de NN.XX. é “acercarse á xente nova e reforzar o seu proxecto político”
Lugo, 9 de setembro de 2011.- Novas Xeracións da Provincia de Lugo recorrerá durante o próximo curso político os municipios da provincia chairega para explicarlles aos mozos lucenses o papel da agrupación político xuvenil e as súas funcións dentro do partido. Para elo, Novas xeraciónS dá inicio a unha campaña de afiliación que o presidente provincial da agrupación, Daniel Vega, presentou hoxe en rolda de prensa na sede do Partido Popular en Lugo.
Polo de agora, os mozos populares teñen previsto desprazarse coa súa campaña de afiliación ata A Mariña, á cidade de Lugo e a Monforte, co obxectivo de paulatinamente estar presentes no total de concellos que integran a provincia.
O presidente provincial de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Daniel Vega, asegurou durante a súa intervención na rolda de prensa que a pretensión da agrupación é a de “acercarse cada vez máis á xuventude para así contar nas súas bases cun maior número de mozos”. Desta maneira, co incremento de afiliados nas bases de NN.XX., Vega considera que “conseguiremos reforzar o noso proxecto político”.