<img alt=”” src=”https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2008/10/pixel.jpg” class=”alignleft” width=”1″ height=”1″ />
Nota de prensa
Escolas deportivas do concello de Mondoñedo
Iniciamos o período para apuntarse nas escolas deportivas do concello de Mondoñedo, nas distintas especialidades, tanto de baloncesto, fútbol campo, como fútbol-sala, e ximnasia de mantemento tanto no pobo coma nas parroquias.
Todos os interesados en apuntarse poden apuntarse ou informarse no seguinte teléfono: 605790091.
Os horarios das actividades escolares é o seguinte:
Los horarios de las escolas deportivas de este año son:
FÚTBOL-SALA:
FÚTBOL-SALA BENXAMÍN (2º, 3º Y 4º DE PRIMARIA).- LUNS DE 16:30 A 17:45. Recóllense á saída do colexio.
FÚTBOL-SALA ALEVÍN (5º Y 6º DE PRIMARIA).- LUNS DE 17:45 A 19:00.
(Estes dous equipos teñen adestramentos de fútbol campo dous días por semana por iso só poñémoslles un adestramento de fútbol-sala).
FÚTBOL-SALA PRE-BENXAMÍN (1º L INFANTIL): MÉRCORES DE 16:30 A 17:45).
FÚTBOL-CAMPO:
MÉRCORES E VENRES DE 16:30 A 18:00 PARA AS CATEGORÍAS BENXAMÍN E INFANTIL. ADESTRAN MONITORES DO MONDOÑEDO FC.
BALONCESTO:
BALONCESTO PRE-DEPORTE: XOVES DE 17:45 A 19:00.
BALONCESTO BENXAMÍN E ALEVÍN: MARTES E XOVES DE 16:30 A 17:45 NO POLIDEPORTIVO
BALONCESTO INFANTIL E CADETE: MARTES E XOVES NO POLIDEPORTIVO DE 17:45 A 19:00, E VENRES NO MESMO HORARIO NO INSTITUTO.
Así mesmo, a Delegación segue traballando nos outros dous proxectos que son as ligas gratuítas de fútbol-sala e baloncesto 3 x 3 esperando que estes proxectos teñan boa acollida entre os mindonienses.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
