Desde a Escola Municipal de Música de Burela comunícase que o 30 de setembro, presentarase o novo curso escolar 2011-2012 da Escola, auditorio da Casa da Cultura ás 20.30 horas. O curso dará comezo o luns, día 3 de outubro. Asemade, segue aberto o prazo de matrícula ata o 30 de setembro. As especialidades nas que aínda quedan prazas son: frauta, óboe, fagot, trompa, trompeta, trombón bombardino, tuba, violín e viola; así mesmo para os mais pequenos (entre 4 e 7 anos). As inscricións deberán facerse na sede da Escola os mércores e venres en horario de 10.00 á 13.00 h. Durante este curso, tense previsto aumentar a oferta educativa con dous profesores mais nas especialidades de óboe/fagot e frauta.












No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



