Nota de prensa
A PRIMEIRA FESTA GASTRONÓMICA DA NÉCORA CELEBRARÁSE EN FOZ O 30 DE SETEMBRO E O 1 DE OUTUBRO. ESTÁ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E PARTICIPAN UNHA VEINTENA DE LOCAIS HOSTELEIROS.
Foz, 23 de setembro de 2011. Foz acollerá os días 30 de setembro e 1 de outubro a primeira festa da nécora, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. Unha veintena de locais hosteleiros servirán este exquisito marisco.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, contou que “o que intentamos con esta nova festa gastronómica é exaltar os produtos que se capturan o se pescan nesta zona”. E sinalou que “nesta ocasión van ser vinteún os bares, mesóns e restaurantes, os que ofrecerán as nécoras. O precio da unidade será de tres euros. Na maior parte dos casos serviránse cocidas, pero os que se acheguen a Foz eses días tamén as poderán degustar, por exemplo, en arroz”.
Paleo anima “a vir disfrutar desta nova proposta. É unha boa ocasión para visitar Foz e A Mariña, para degustar o noso marisco e para dar unha volta pola zona”.
A primeira festa da nécora está organizada por ACIA Foz, que conta coa colaboración do Concello, a Deputación de Lugo, a Cofraría de Pescadores, o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo de Pesca.
Os locais nos que se poderán degustar as nécoras son: A Maseira, A Quinta, A Bolera, Acuario, O Taco, A Dala, Anduriña, Xoyma, O Rincón de Anita, cervexería Fina, Portovello, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Náutico, pizzería Xoiña, As Brasas, Dandy, O Tangarte Mariñeiro, Portochico e O Lar.