Nota de prensa
O Pleno aprobará a liquidación do Orzamento 2010, demostrando que a Deputación mantén as contas saneadas e equilibradas
– Martínez avanzou que a sesión deste martes dará o visto e prace á conta xeral do organismo provincial correspondente á anualidade pasada logo de dar conta da documentación que reflexa o ciclo económico de dito ano
– O voceiro destaca que “sen deixar de investir” cun plan de obras de 60 millóns ou saldando débedas como a do canon ou o servizo contraincendios, reduciuse a débeda nun 14% así como o prazo de pago de facturas, situándoo en 33 días fronte ós 39 da Xunta
– O Deputado adianta que, froito da boa xestión e como resultado dunhas contas saneadas e equilibradas, a institución luguesa comezará a devolver ó Estado en xaneiro e durante 5 anos a cantidade correspondente da liquidación de 2009 que suma 22 millóns de euros
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou que o vindeiro martes o Pleno aprobará a conta xeral da Deputación de 2010 para, a continuación, poñelo a disposición do Tribunal de Contas tal e como rixe a lei. A documentación que se presentará á sesión inclúe toda a actividade orzamentaria da institución luguesa durante dito período, é dicir, o ciclo económico dun ano, dende a aprobación do presuposto ata a súa liquidación. Manuel Martíñez destacou que estes informes reflexan que, “sen deixar de investir”, a Deputación mantén as súas contas saneadas e equilibradas.
Como mostra da boa situación financeira da institución luguesa, o Deputado de Xestión Territorial enumerou as principais conclusións da documentación que se presentará ó Pleno:
1.- O Orzamento de 2010 ascendeu a 114 millóns de euros. Isto permitiu poñer en marcha o Plan Extraordinario de Obra Pública que levou actuacións a todos os municipios lucenses por un valor total de 60 millóns de euros, mantendo centos de postos de traballo; liquidar grandes débedas históricas na provincia como a do canon hidroeléctrico mediante o investimento de 11 millóns de euros en obras acordadas cos 16 Alcaldes dos Concellos afectados; ou poñer fin á discriminación que sufría Lugo, a única provincia galega que non contaba con servizo contraincendios, coa construción e dotación de 5 novos parques de bombeiros grazas á creación en 2008 do Consorcio Provincial, organismo financiado ó 50% por Deputación e Xunta; ademais de executar as primeiras partes de 3 proxectos europeos, (Lug02, Innova-TE e Pacto Provincial polo Emprego) dotados de 17 millóns de euros.
2.-“Priorizando o gasto xusto e útil”, tal e como subliñou Manuel Martínez, o organismo provincial amortizou 10 millóns de euros, reducindo a súa débeda nun 14%. Neste senso, sinalou que as contas da institución lucense se atopan por debaixo do nivel máximo do 75% de endebedamento que marca a Lei de Presupostos do Estado permitindo, se fixese falla, recorrer a novas operacións de crédito.
3.-Na liquidación do Orzamento, obsérvase que a Deputación tamén cumpre co principio de estabilidade orzamentaria ó situar as contas por debaixo do 5,53% dos ingresos non financieros que establece a normativa.
4.- A maiores, a Deputación segue á cabeza das administracións que menos tempo tarda en aboar as facturas ós proveedores, situándose este prazo en 33 días fronte ós 39 da Xunta. A este respecto, Manuel Martínez lembrou que a implantación da factura electrónica grazas ó Innova-TE, permitirá rebaixar aínda máis deste prazo, situándoo en 25 días.
Resultados: devolución ó Estado
O voceiro provincial socialista destacou que froito da boa xestión e como resultado dunhas contas saneadas e equilibradas, a Deputación comezará a devolver ó Estado en xaneiro a cantidade correspondente á liquidación do 2009, un total de 22.263.435 euros. Deste xeito, a partires de dito mes e durante 5 anos, a institución pagará ó Goberno Central 371.057 euros. “Sendo previsibles, non hai que deixar de investir como fan outras administracións, amparándose na obriga de devolver tributos ó Estado tal e como recolle a Lei de Presupostos ratificada por todos os partidos políticos”, sentenciou o Deputado.
Acordos da Xunta
A Xunta de Goberno aprobou as contas xustificativas de 5 obras do Plan de Comunidades Veciñais realizadas nos Concellos de Castro de Rei, Cospeito (2), Friol e Xermade. Están dotadas dun total de 43.000 euros, dos que a Deputación achegou 23.800 euros. As actuacións foron as seguintes: dotación de equipamento na escola, Outeiro (Castro de Rei); pintado e lavado da igrexa, Vilapene (Cospeito); acondicionamento exterior da igrexa, Santa Cristina (Cospeito); rehabilitación manantial e condución de auga, As Laxes (Friol); e adquisición de equipamentos mobiliarios, Momán (Xermade).






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



