Nota de prensa:
Gómez Besteiro presenta a 1ª plataforma de comercio electrónico da provincia á comunidade galega afincada en Barcelona
– O Presidente da Deputación deu ó pistoletazo de saída ó San Froilán catalán e convidou ós asistentes a visitar Los productos de Lugo.com, a plataforma de venda on line a través da que o 60% das empresas adheridas xa aumentaron o seu volume de negocio
– Cun incremento do 16,19%, o titular provincial destaca que “Lugo e Cataluña tamén están unidas polo turismo”, xa que foi a provincia galega na que máis aumentou o número de viaxeiros, sendo o destino preferido polos visitantes doutras Comunidades como a catalana
– Máis de 50.000 persoas participarán nos festexos, que se celebran durante a fin de semana no distrito de Nou Barris, no que residen uns 150.000 galegos
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Rexedora de Nou Barris, Irma Rognoni, da Vicepresidenta da Deputación de Barcelona, Merce Conesa, da Vicepresidenta da Generalitat catalana, Joana Ortega, e do Bispo de Lugo, Alfonso Rouco, entre outras autoridades, deu o pistoletazo de saída este sábado ás festas do San Froilán que cada ano organiza por estas datas a Asociación de Amigos do San Froilán, e que coma sempre acolle o popular barrio barcelonés. Gómez Besteiro aproveitou a ocasión para presentar á comunidade galega residente en Cataluña a plataforma de comercio electrónico da Deputación “Los Productos de Lugo.com”, creada dentro do programa Innova-TE, e a través da que as 26 empresas adheridas xa viron incrementado o seu negocio coa venda de produtos a través da Rede.
Este“centro comercial” virtual que o organismo provincial pon a disposición do tecido empresarial a custe cero permítelles anunciarse, vender e distribuír os seus produtos en novos mercados as 24 horas do día; realizar operacións de pago electrónico e facturación electrónica; incrementar a autonomía das empresas na xestión dos seus catálogos de produtos; ofrecer, por vez primeira, unha imaxe de marca de Produtos de Lugo independentemente do proveedor; e aforrar tempo e cartos os seus usuarios. Precisamente, o 60% destas entidades xa aumentaron o volume de vendas grazas á iniciativa do organismo provincial. Así mesmo, dentro do obxectivo de impular o tecido empresarial da provincia, a Deputación incorporou un enlace na mesma portada de e-Deidades, o portal web da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, para que as 29 entidades que integran o colectivo, melloren a comercialización dos seus produtos.
Os festexos, que deron comezo ás nove e media da noite, rematarán mañá cunha Misa e unha procesión na honra do patrón de Lugo. Neste senso, o Presidente aproveitou a ocasión para saudar a ducias de veciños de Lugo, o tempo que destacou o traballo levado a cabo polos organizadores para manter viva esta Festa que xa se leva celebrando no distrito barcelonés dende hai dezasete anos. “Sei que non é fácil, e menos nestes tempos que nos toca vivir, levar adiante un proxecto coma o destas festas, irmás das que celebramos en Lugo, as patronais máis importantes de Galicia. Así que noraboa polo traballo e por conseguir que Lugo siga estando presente en Barcelona. Durante estes días, barceloneses e lucenses, cataláns e galegos, estamos todos un pouco máis preto.”, subliñou o Presidente.
Compromiso coa provincia e “unidos polo turismo”
Diante de miles de persoas, o máximo mandatario provincial reafirmou o compromiso do organismo que preside coa provincia para os próximos catro anos, e que permitirá dar continuidade ás liñas de actuación iniciadas no anterior mandato. “Nun contexto de dificultade económica como o actual, é o momento de afrontar novos retos. É necesario primar o gasto xusto e útil, blindando aqueles servizos que son básicos para os cidadáns”. Neste senso, destacou que a confianza que voltou a despositar no organismo provincial a Unión Europea, coa concesión de 17 millóns de euros para a execución de todos os programas presentados, converténdose na 5ª entidade local de España que máis fondos recibiu, será clave para seguir traballando na mesma liña iniciada no anterior mandato, e que permitirá seguir aumentando a inserción laboral dos desempregados; favorecer o uso das novas tecnoloxías para que un veciño a Fonsagrada ou de Cervantes teña as mesmas facilidades de acceso que un de Lugo; consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica da provincia; e atallar un dos principais retos que afronta a provincia: frear o forte despoboamento que sufre o rural.
Así mesmo, destacou que Lugo e Cataluña tamén están unidas polo turismo, xa que das máis de 480.000 persoas que pernoctaron na provincia o ano pasado, o 50% foron cataláns. “Traballaremos para confirmar a Lugo como un dos destinos máis elexidos por aqueles visitantes que cada vez máis optan polas viaxes curtas. Os datos confirman que imos polo bo camiño. En 2010 fomos as provincia galega na que máis aumentou o número de viaxeiros, cun incremento do 16,19%, sendo, ademais, o destino elexido por turistas procedentes doutras cidades españolas como Barcelona”.
Máis de 50.000 persoas
Cada ano a praza de Nou Barris faise pequena para recibir ós miles de lugueses e galegos que participan nos festexos. Segundo datos da Garda Urbana, nesta edición prevese que máis de 50.000 persoas se den cita no distrito barcelonés. Este barrio é ademais o lugar de residencia dos galegos afincados en Barcelona, que suman preto de 150.000, aínda que en toda a cidade xa se contabilizan máis de 300.000 censados.
O San Froilán catalán está considerado como a segunda festa máis importantes de Barcelona, despois da Merced, por iso todos os anos acuden personalidades da vida política, cultural e social catalana. Son ademais unhas festas privilexiadas na cidade, xa que teñen o permiso das autoridades para que se poidan celebrar no propio barrio, modificando notablemente o ritmo diario. Os festexos teñen lugar dende hai 17 anos cando un grupo de empresarios lucenses quixeron traer o espírito lucense ata Barcelona. Dende entón, esta festa recupera o tradicional estilo popular con música galega, casetas de polbo, sesión vermú ou a procesión do domingo.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



