Referencia
O Presidente da Deputación, Gómez Besteiro, ante o anuncio de ETA no que abandona as armas subliñou que se trata “dun día histórico. Ninguén se vai esquecer do que aconteceu o 20 de outubro de 2011. Pasamos definitivamente páxina a unha historia tráxica deste país. Isto era o que desexábamos e soñábamos todos. Eu creo que a paz se fixo camiño, sendo máis demócratas que nunca”.
Así mesmo, o titular provincial tamén sinalou que “isto se debe a que se souberon facer ben as cousas. Agora temos que seguir todos xuntos para manter esta convivencia”.