NOTA PRENSA
O Grupo Municipal do PP no Concello de Ribadeo reproba o comportamento amosado polo Alcalde e o seu Equipo de Goberno coa súa ausencia Institucional durante os actos celebrados no Concello con ocasión da festividade do Pilar, Festa nacional de España e Patroa da Guarda Civil e mais dos funcionarios e funcionarias de Correos.
A falta desta representación Institucional, ademais de ser reflexo dun comportamento pueril, sectario e cheo de complexos dos nosos gobernantes, supón un desprezo e unha falta de respecto non só a un dos colectivos esenciais para garantir a seguridade no noso Concello, como é a Garda Civil, senón tamén, unha falta de respecto a unha grande parte dos nosos veciños e veciñas que confían e agradecen o labor desenvolvido por esta Institución.
O Alcalde, como representante de tódolos Ribadenses, incluso de aqueles que non lle votaron, está obrigado a asumir a representación do Concello e a estar presente en todos aqueles actos para os que sexa requirido dende as distintas Institucións do Estado, incluso cando a súa ideoloxía persoal ou de partido puidera estar en contradición, debendo, na súa actuación, antepoñer os intereses do noso pobo sobre os seus persoais e de partido.
Non hai desculpas xustificadas desta ausencia neste concreto acto, cando a presenza do Alcalde ou dalgún membro do equipo de goberno é habitual en todos aqueles actos relixiosos e en todas aquelas festas que ao longo do ano se veñen celebrando nas distintas parroquias da nosa vila, polo que só cabe incardinar esta ausencia dentro dun comportamento partidista e sectario do equipo de goberno, na que antepoñendo a súa ideoloxía política aos intereses xerais, emprega a Institución que preside para amosar o seu rexeitamento e a do seu grupo político a todo o que significa esta festividade, na que, como Día Nacional, se fai fincapé nos principios básicos da nosa Constitución que consagran a unidade, a solidariedade e a cooperación entre todas as xentes e entre todos os territorios do Estado Español, e ao tempo se homenaxea a un dos Corpos básicos da Seguridade do Estado: a Garda Civil.
Dende o Grupo Municipal do PP esixímoslle ao Alcalde e ao seu equipo de Goberno que no futuro amosen maior cintura política e o sentido Institucional necesario para entender que dende os seus cargos están a representar ao conxunto dos veciños de Ribadeo, e non só os votantes do BNG, e polo tanto pedímoslles que nas súas actuacións antepoñan os intereses xerais do Concello e de todas as súas xentes aos seus propios intereses persoais e de partido.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



