Nota de prensa
O BNG RECLAMA MEDIDAS QUE PARALICEN O PECHE DA FABRICA “ECAR” DE MONDOÑEDO
o deputado do BNG, Manuel Parga Núñez leva á Cámara galega o anuncio de peche da fábrica “Aglomerados ECAR” situada no concello de Mondoñedo e que afectará a 62 traballadores
Santiago de Compostela, 23 de novembro, 2011. O deputado nacionalista, Manuel Parga Núñez rexistrou diversas iniciativas dirixidas ao Goberno galego relativas ao anuncio de peche da fábrica de Aglomerados ECAR, propiedade do Grupo FINSA que afectará a 62 traballadores.
Parga defenderá a posta en marcha de medidas que impidan este peche que repercutirá “moi negativamente” ao desenvolvemento económico e dinamización da comarca da Mariña de Lugo.
O parlamentario do BNG tamén preguntará pola información do Goberno galego sobre este anuncio e que medidas ten previstas para impedir o peche de Aglomerados ECAR.
Parga considera que a Xunta debe reaccionar sen dilación ao fin de conservar os postos de traballo nesta empresa e non manteña unha “posición pasiva”, como aconteceu noutras ocasións.