Nota de prensa
FOZ ACOLLERÁ OS DÍAS 16 E 17 DE DECEMBRO A I FESTA DO COGOMELO QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES EN COLABORACIÓN COS BOLOUROS. TRINTA E CINCO ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS PARTICIPARÁN NESTA NOVA CITA GASTRONÓMICA.
Foz, 9 de decembro de 2011. Foz acollerá os días 16 e 17 de decembro a I Festa do Cogomelo que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos en colaboración cos Bolouros.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, contou que “xa que nos atopamos na época das setas quixemos facer esta primeira festa nos nosos establecementos de hostalería, que ofrecerán durante esas dúas xornadas tapas elaboradas con cogomelos”. Paleo agarda que “esta nova proposta gastronómica guste e serva para dinamizar Foz na semana anterior ás festas do nadal”.
Un total de 35 bares, mesóns e restaurantes se darán cita na I Festa do Cogomelo. Son: A Caracola, A Funcional, A Maseira, A Quinta, A Sexta, A Bolera, Acuario, O Taco, A Dala, Dallas, Happydays, May-Ros, Xoima, Anduriña, O Rincón de Anita, Fina, Internacional, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Namarinos, O Náutico, O Pelolo, O Salado, A Soalta, pizzería Xoiña, As Brasas, Costumes do Mar, Dandy, O Lar, O Mar e Portochico.
Colaboran tamén nesta cita gastronómica a Unión Europea, a Xunta de Galicia, a Federación de Comercio de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Foz.
Cervexa
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz lembran que “ata o vindeiro domingo, 11 de decembro, seguimos disfrutanto da Decemberfest ou festa da cervexa. Queremos animar unha vez máis aos que aínda non se achegasen a Foz a pasarse esta fin de semana pola nosa hostalería a disfrutar das cervexas que lles van servir e das propostas da gastronomía alemana que lles van facer. Merece a pena”.
























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



