Nota de prensa
A Deputación aborda no III Encontro de Cooperación cos Concellos a contratación temporal nas entidades locais
– Díaz Valiño presentou a nova edición da xornada que instaurou a institución provincial en 2009, converténdose na 1º Deputación en Galicia que organiza un foro permanente destas características, que terá lugar o 13 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos
– O 70% dos contratos laborais nas entidades locais lucenses son temporais. O seu emprego inadecuado supón ó ano 100 demandas xudiciais e un gasto de 500.000 euros ós Concellos
-A xornada, na que prestixiosos expertos abordarán solucións, está dirixida a traballadores das administracións locais, representantes sindicais, avogados laboristas, graduados sociais e estudantes da materia de Dereito Laboral II na Escola Universitaria de Relacións Laborais
– A solicitude, aberta ata o 7 de decembro, pódese facerse on line, entrando en www.deputacionlugo.org, por correo electrónico en cooperacion@deputacionlugo.org, ou remitindo un fax ó número 982-240-409. O aforo é limitado
O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, avanzou hoxe que o organismo provincial celebrará o 13 de decembro, o III Encontro de Cooperación cos Concellos. É a xornada anual que a institución luguesa instaurou en 2009, converténdose na primeira Deputación en Galicia en organizar un foro de carácter permanente, aberto a todos os actores das administracións locais da provincia e baseado na búsqueda de solucións para a consecución de entidades locais máis eficaces, optimizando recursos e aforrando custes.
Díaz Valiño salientou o éxito que acada esta pioneira convocatoria en Lugo coa participación dunhas 170 persoas que, ano tras ano, enchen o Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o seu lugar de celebración, debido ós “novidosos e necesarios” temas que se abordan para o bo funcionamento das administracións locais. Deste xeito, na primeira edición, o tema central foi o servizo integral de asesoramento xurídico, económico-financieiro e técnico que a Deputación presta, de xeito totalmente gratuíto, ós municipios, evitándolles gastos ó non ter que recorrer a empresas externas. Na segunda convocatoria, tratouse a lei de protección de datos e a implantación da administración electrónica, cuestións de actualidade e extraordinaria importancia xa que o seu manexo incorrecto implica sancións millonarias. O Deputado adiantou que, este ano, o debate xirará ó respecto da contratación temporal nas entidades locais logo de que os servizos de Cooperación e Recursos Humanos da institución detectasen que o emprego abusivo deste sistema está a conlevar serios problemas:
1.- Un problema persoal debido a situación de falta de estabilidade que sofren o 70% dos traballadores das administracións locais da provincia ó ter este tipo de contrato.
2.- Un problema xurídico ou legal pola inadecuación dos contratos para determinados servizos nas administracións locais lucenses. Na provincia contabilízanse ó ano ó redor de 100 demandas a este respecto no Xulgado Penal.
3.- Un problema económico como consecuencia de ditas contratacións irregulares que obrigan ós Concellos a pagar ó redor de 500.000 euros ó ano.
Solucións de prestixiosos expertos
Esta situación, explicou Valiño, “non é un capricho. Non é que dende os Concellos se queiran facer contratos irregulares senón que se debe á falta de información e de persoal especializado na materia nas entidades locais. A Dirección Provincial de Inspección de Traballo asegura que o Departamento de Recursos Humanos é un exemplo a seguir. Temos unha área potente. Por iso, queremos prestar toda a nosa experiencia para mellorar esta situación nos municipios. Ademais, expertos na materia van ofrecer formación e exemplos prácticos”. É o caso do Maxistrado do Xulgado do Social Nº1 de Lugo, Fernando Fernández Olmedo; o Xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo, Nicolás González Raposo; o avogado Jesús Amarelo Fernández; o Xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación, Manuel García Mel; ou o Letrado do Servizo de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Valentín Lago González.
Un foro aberto
A xornada está dirixida a todos os responsables e traballadores das administracións locais (Alcaldes, Concelleiros, persoal dos departamentos de Recursos Humanos dos municipios e empregados públicos en xeral), ademais de, e como novidade este ano debido ó asunto a tratar, a representantes sindicais, avogados laboristas, graduados sociais que presten asesoramento ós Concellos a este respecto, así como a estudantes da materia de Dereito do Traballo II na Escola Universitaria de Relacións Laborais.
Aberto o prazo de inscrición
Todos os interesados poden facer a súa inscrición ata o vindeiro mércores, 7 de decembro. Para elo, deberán entrar na páxina web da institución provincial, www.deputacionlugo.org, onde, na portada, atoparán un enlace directo ó III Encontro de Cooperación cos Concellos. Dende este espazo, poderán facer a súa solicitude on line, ou ben descargar o formular de inscrición que terán que enviar por correo electrónico a cooperacion@deputacionlugo.org, ou por fax ó 982-240-409. O aforo é limitado debido a capacidade do Salón de Actos da Deputación. Para calquera dúbida, habilítanse os seguintes número de teléfono: 982-26-01-05/982-26-01-06/982-26-01-13.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



