Nota de prensa
![]()
Semanas intensas da Peña Barcelonista San Miguel.
Dende o pasado 3 de decembro, a Peña Barcelonista San Miguel, presenta unha intensa axenda de actividades.
O día 3 desprazáronse a Barcelona para ver en directo no estadio do Camp Nou, o partido FC Barcelona – Levante, que rematou co resultado de 5-0 e que fixo a delicia dos barcelonistas mariñáns.
Pero a peña non só se desprazou para esta xornada, senón que estivo na cidade catalana ata o martes día 6 de decembro. Neses 4 días, aproveitaron para asistir a un partido de baloncesto no Palau Blaugrana, ver un partido dos xuvenís de fútbol, facer o “Tour” polas instalacións deo Barça, Camp Nou, museo, botiga … e finalmente unha visita turística pola cidade, tanto percorrendo a pé as ruas máis emblemáticas como no Bus turístico os grandes monumentos e parques.
Xa de volta a San Miguel, o sábado pasado xuntáronse para ver por televisión o partido da máxima rivalidade. Nun Oliñas do Mar, co cartel de “non hai billetes” e cun ambiente que superaba ó propio Camp Nou, os socios da peña e simpatizantes barcelonistas, disfrutaron coa victoria do Barça sobre o R. Madrid de Mourinho. Cánticos, apertas, sorrisos e bo ambiente, reinaron na noite do sábado 17. Outra que pasará á historia do fútbol.
Xa nesta semana están programadas tres actividades máis.
O sábado día 17 haberá unha exposición de postales de Nadal. Serán as postales do concurso organizado pola propia peña. Terá lugar no comedor da escola de San Miguel de Reinante, en horario de 4 a 6 da tarde. Nese mesmo intre se proclamarán os gañadores nas 6 categorías establecidas. A exposición estará aberta ó público en xeral e de forma gratuita.
Esa mesma noite, a peña celebra a sua tradicional Cea de Nadal. Será a partir das 22.00 horas no restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia. O menú, entrantres (polbo, calamares, croquetas …) churrasco e criollos, tarta 3 chocolates, cofé e chupiños. O prezo será de 20 € e pódense apuntar todo-los afeccionados en xeral. Para iso, poden chamar ó teléfono 649 57 13 60.
Finalmente e para remata-lo ano, os membros da peña, esperan poder xuntarse o domingo día 18 para ve-la final do Mundial de Clubes, no caso de que o Barça dispute esta final.
Nese caso, reuniránse no Oliñas do Mar a partir das 11 horas, para tratar de aporta-lo seu gran de area dende a distanza, animando e disfrutando co que todo-los entendidos de fútbol din que é o mellor equipo da historia.
Calquer afeccionado, que desexe facerse socio desta peña ou recibir máis información, pode chamar ó tfno. 649 57 13 60 ou entrar na web www:penhabarcelonistasanmiguel.jimdo.com




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
