Nota de prensa
Moción
SR. ALCALDE.
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez
EXPÓN:
Que no barrio de Forxan, e máis concretamente onde está situado o centro Social (antiga escola), hai un terreo de 783 m 2 colindante coa estrada N 642 e co a liña de FEVE.
Que o mencionado terreo, segundo as nosas informacións foi expropiada polo Ministerio de Fomento a Ramón Maañón, así pois entendemos que é o Ministerio que ten a titularidade do mesmo en estes momentos. E polo que
Presentamos a seguinte proposta de MOCIÓN, para que a Corporación Municipal acorde:
-Solicitar do Ministerio de Fomento a cesión para o Concello de Foz do mencionado terreo, coa finalidade de acondicionalo como lugar de esparcemento para os veciños de Forxán.