A hibridación, unha nova ameaza para a supervivencia do lobo galego
30 de novembro de 2011. Á caza (permitida en Galiza), furtivismo, envelenamentos, atropelos… hai que engadir agora un novo risco para a supervivencia do Canis lupus signatus no noso país: a hibridación. Ao parecer, detectáronse recentemente exemplares híbridos na zona do Barbanza. Estudos noutras zonas da península apotan a que a hibridación podería representar até un 4% da poboación total lobeira. Isto supón un grave risco para a continuidade xenética da especie, e as administracións responsábeis da “xestión” do lobo deberían actuar de contado. Para ADEGA esta é unha razón máis para elevar o estatus do lobo a especie protexida: non está o lobo xa suficientemente ameazado? [pdf] Coñece ao noso lobo (591Kb)
Na Península Ibérica o número de lobos reprodutores sitúase, segundo diversas estimacións, entre 450 e 600 exemplares, sobre un total duns 2000 individuos. O mesmo estatus ecolóxico do lobo, o de super-predador, teno a aguia imperial ibérica (Aquila adalberti) con arredor de 350 parellas reprodutoras. Porén, a aguia imperial está considerada en perigo crítico de extinción e está estritamente protexida, mentres que o lobo pode matarse legalmente todo ao N do río Douro, cazándose regularmente en Castela e León e Galiza.
Ao contrario do que ocorre noutras partes de Europa e América do N, as poboacións ibericas de lobo están moi fragmentadas, o que supón unha dificultade engadida para a pervivencia da especieO intercambio xenético entre poboacións lobeiras de Lugo e Asturias por exemplo, é menor que entre lobos canadianos de mandas separadas 1000 Km.
Con todo, a hibridación é un fenómeno pouco frecuente e adoita producirse en zonas marxinais dos núcleos lobeiros nas que os lobos son escasos e os cans asilvestrados numerosos. É precisamente nestas áreas, coma a do Barbanza, donde ademáis prodúcense maior número de ataques ao gando. Gran parte destes ataques son responsabilidade dos cans asilvestrados e non dos lobos, como apontan estudos recentes da estación biolóxica de Doñana.
Ademais, os exemplares híbridos parecen ter un comportamento diferente dos puros, sendo máis atrevidos e non tendo tanto medo do home coma o lobo. De liderar unha manda, os danos que este comportamento “adaptado” podería provocar xunto coa ameaza xenética para a especie, faría necesario tomar medidas drásticas (erradicación ou esterilización). Con todo preguntámonos: de quen é a responsabilidade da presenza de cans asilvestrados nos nosos montes? Son todos os ataques ao gando atribuíbeis aos lobos? No Reino Unido, 40.000 ovellas morren todos os anos por ataques… e non hai nin un só lobo nas illas!
Porén, para ADEGA a solución non pasa por incrementar as batidas: é probábel que por cada híbrido que se cace morran moitos máis lobos puros. De ser necesario facer extraccións, debería actuarse sempre sobre exemplares concretos e exclusivamente a cargo da gardería e persoal especializado, nunca dos cazadores. Sabemos que nas batidas autorizadas este verán no Barbanza, o rigor foi mínimo e matáronse máis lobos dos declarados. É isto facer unha correcta “xestión” da especie?
Por iso, fronte á ameaza da hibridación que compromete aínda máis o futuro desta especie emblemática, dende ADEGA vemos máis xustificado que nunca tomar medidas para garantir a pervivencia da especie, comezando por excluir ao lobo da lista de especies cinexéticas. É preciso tamén e realizar un seguemento estricto das poboacións lobeiras galegas por parte de persoal especializado, con métodos e criterios científicos (fototrampeo, probas xenéticas) para detectar máis casos de hibridación. E sobre todo, descartar as batidas “xeralistas” realizadas polas sociedades de caza como método de control da poboación. Na maior parte dos casos, acabarán pagando xustos por pecadores: non está o lobo xa suficientemente ameazado?

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



